Quinito López Mourelle presenta o seu novo libro na Biblioteca Fórum Metropolitano.
Persoas adultas, Xuvenil
05/05/2022
Xa rematou
Acceso libre ata completar a capacidade
De 19.00 h a 20.00 h
Tel.: 981 184 298
O xoves 5 de maio, ás 19.00 h, Quinito López Mourelle presentará o seu novo libro "Saúda al Danubio de mi parte", acompañado de Bernabé Simes, da editorial (Grupo Beroly) e a directora da biblioteca, Mercedes Conchado.
SINOPSE:
O achado fortuíto dunha fotografía serve de escusa nesta novela para rescatar o século XX, cuxa sombra aínda nos ameaza. Da man dunha familia austríaca, herdeira das contradicións daquela fascinante Viena finisecular, o autor intérnase de forma pouco convencional na xeografía dos sentimentos. A profundidade e urxencia da viaxe instarano ademais a pasar a limpo, de forma inédita ata a data, as súas conviccións, dúbidas, anhelos e debilidades.
"Quinito López Mourelle segue o seu camiño tranquilo e teimudo sen importarlle modas e fórmulas de éxito. A súa coherencia narrativa é innegable". (Héctor Jesús Porto. La Voz de Galicia)
"... un dos mellores escritores, en español, monoliticamente, que deu Galicia na actualidade. Un autor tan autoesixente que apenas cede espazo para nada que non sexa intelixencia e sensibilidade lectoras". (Vicente Araguas. La Región)
QUINITO LÓPEZ MOURELLE:
En 2001 doutórase na Universidade Complutense coa tese La figura del héroe en la narrativa de Álvaro Cunqueiro, publicada en 2004 pola Deputación de Lugo.
As súas publicacións como novelista ata a data son: Confines. Breve teatro para debutantes (2007), Pimienta Negra (2009), Sin Ana Beatriz (2011), Orquesta Voland (2012) (ed. Ézaro), Mi última reencarnación (2016) (ed. Zaerasilvar), La herida de Bach (2019) e Pepitoria (2021) (ed. Grupo Beroly). Dos seus numerosos poemarios só viu a luz Nueva mitología del insomnio (2018) (ed. Grupo Beroly), ilustrado por Juan Álvaro Pernía.
Tamén desenvolveu un variado labor como xornalista cultural. Durante dez anos foi colaborador fixo en Cuadernos de Jazz. O seu blog MARQUIDE para La Opinión (A Coruña) xa pasou o seu primeiro decenio.
Como compositor e pianista gravou sete discos con temas orixinais e diferentes formacións. O último, Olympia, está asinado a dúo xunto a Roberto Somoza, co que leva traballando desde 2004.
Publicacións do autor para Grupo Beroly:
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible