Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programación de cinema de xuño de 2024

Sala Marilyn Monroe: Comedia europea Sala Fernando Rey: CineThriller

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/06/2024 ata o 29/06/2024

Xa rematou

Horario:

Xoves ás 20.00 h

Venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión das persoas espectadoras: sábados ás 17.30 h,  prezo único de 1,50 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar a proxección deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programadas.

• Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

SALA MARILYN MONROE: Comedia europea

Venres 7 e sábado 8 xuño: Se Dio vuole (Se Deus quere), de Edoardo María Falcone

*Únicas proxeccións: Venres 7 de xuño ás 20.00 h e sábado 8 de xuño ás 17.30 e ás 20.00 h

Xoves 13, venres 14 e sábado 15 de xuño: Womit haben wir das verdient? (Que fixemos para merecer isto?), de Eva Spreitzhofer

Xoves 20, venres 21 e sábado 22 de xuño: Con quién viajas, de Martín Cuervo

Xoves 27, venres 28 e sábado 29 de xuño: Zoran, il mio nipote scemo (Zoran, o meu sobriño parvo), de Matteo Oleotto

SALA FERNANDO REY: CineThriller

Xoves 6, venres 7 e sábado 8 xuño: L'uomo senza colpa (O home sen culpa), de Ivan Gergolet

Xoves 13, venres 14 e sábado 15 de xuño: Kompromat, de Jérôme Sáelle

Xoves 20, venres 21 e sábado 22 de xuño: Boiling point, de Philip Barantini

Xoves 27, venres 28 e sábado 29 de xuño: Il sindaco del rione Sanità (O alcalde de Rione Sanitá), de Mario Marlone

VENDA DE ENTRADAS:

- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

- Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: día de proxección dende media hora antes, se quedan entradas dispoñibles.

- Venda en liña: www.ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión