Unha obra orixinal de Trécola representada por marionetas de fíos e música en directo, para público
Público Familiar
Familias
27/12/2022
Xa rematou
18:00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 3,00 €.
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 6,00 €.
MENORES DE 2 AÑOS : 2,00€
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Forum deben facelo con entrada.
- Despois do espectáculo, se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo forum@coruna.es
IMCE
forum@coruna.es
Eran as sagas unha cantiga á heroicidade de grandes guerreiros viquingos fortes e valentes, que abandonaban as súas terras ermas e murchas polo clima nórdico e partían nos seus drakar para conquistar outros pobos na procura de alimento e tesouros.
Non é o caso da Saga de Flin Havardr un pastor que albisca nun sono as súas proezas como guerreiro e, xa na realidade, leva a cabo unha viaxe inesperada acompañado por unha tripulación moi particular que nada ten de forte ou de valente aínda que abonda en creatividade.
Conseguirán chegar á terra a conta da morriña dun dos seus tripulantes... Conquistarán ou serán conquistados?
Duración: 50 minutos. En galego.
Elenco artístico: Isa G. Coldeira, Ero Vázquez Cabrera, Ura Vázquez García e Pablo Pintor.
Autor: Ero Vázquez Cabrera e Isa G. Coldeira
Dirección: Isabel Rey e Marcelino de Santiago
Escenografía: Ero Vázquez Cabrera
Deseño de son: Trécola Producións e Pablo Pintor
Deseño de iluminación: Miguel Cabaleiro
Vestiario: Maria Carballo e Isa G. Coldeira
Música: Pablo Pintor
VENDA DE BILLETES:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible