Con esta obra, contamos a Historia de Galicia, desde os castrexos ata a actualidade, cun humor moi galego, retranqueiro e sarcástico, con impactantes proxeccións de vídeo, divertidos números musicais e unha posta en escena colorista e dinámica que nos fará gozar dunha experiencia imposible de esquecer.
Xuvenil, Para público en xeral
05/05/2023
Xa rematou
21:00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 9,00 €; descontos (Carné Xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Fórum deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos pode ter capacidade reducida.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.es
IMCE
forum@coruna.gal
A louca historia de Galicia é un percorrido en clave de humor a través da nosa historia.
A louca historia de Galicia lévanos por todos eses períodos de luz e de sombras, -ás veces de apagada total- que fixeron de nós o que hoxe somos.
A louca historia de Galicia é un paseo polas orixes, costumes e tradicións desta terra de bispos e reis, nobres e servos, heroes e tiranos, situada entre a fin do mundo e o norte de Portugal.
A louca historia de Galicia como se di sempre nunha boa sinopse: "móstranos uns personaxes na procura da súa identidade", a diferenza está en que desta vez... Por fin é certo!
A louca historia de Galicia: a única obra do teatro galego que medra cada ano.
FICHA ARTÍSTICA
Intérpretes: Manuel Pombal, Suso Pando e Marcos Alonso
Autoría: Manuel Pombal e Manuel Botana
Dirección: Manuel Pombal
Infografía audiovisual: Suso Pando
Escenografía: Pablo Giráldez
Música: Manuel Pombal
Iluminación: Pedro Fresneda
Vestiario: Patri
Comedia
Duración: 80 minutos
Idioma: galego
VENDA DE BILLETES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible