"Iphixenia na porta do súper" é unha crítica aos recortes nos servizos públicos, sobre todo na sanidade, que fai un paralelismo entre o mito clásico de Iphixenia e unha rapaza de barrio actual. "Iphixenia na porta do súper" é unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión premiada como mellor texto do 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play.
Xuvenil, Para público en xeral
31/03/2023
Xa rematou
21:00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 9,00 €; descontos (Carné Xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Fórum deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.es
IMCE
forum@coruna.gal
Iphixenia, unha "nini" de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía roldando as rúas da súa vila. Unha noite coñece un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará a protagonista a sufrir unha gran perda.
Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar os deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara á sociedade que a marxina. Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tras as colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos. Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.
FICHA ARTÍSTICA
Intérprete: Alba Caneda
Autoría: Gary Owen
Dirección: Sara Rey
Adaptación: Fran Peleteiro e Alba Caneda
Escenografía e iluminación: Carmen Casal e María Torres (As Dúas en Punto)
Deseño de son : Compañía Humana
Vestiario: Compañía Humana
Duración: 75 minutos
Idioma: galego
Especialmente recomendada para público xuvenil
PREMIO AO MELLOR TEXTO DO 2015 NOS UK THEATRE AWARDS FOR BEST NEW PLAY
VENDA DE BILLETES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible