Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

SEN NUMERAR Primavera 2025 - SOÑOS de Artefeito

SOÑOS é a primeira obra teatral galega que trata a situación dos mozos tutelados dunha forma integral.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/02/2025

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 9,00 €

Carné novo, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 € (imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento da compra e no acceso ao espazo no que terá lugar a función)

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala (excepto auga).

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro deben facelo con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

En cumprimento da LBA do 16 de marzo de 2023 informamos que neste recinto non se premite o acceso de animais de compañía, excepto cans e/ou de asistencia.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://www.artefeito.gal/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social. Unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e da directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario. Soños é unha xanela á realidade da mocidade en risco de exclusión: móstranos o seu contexto, as súas aspiracións, os seus medos. Un espectáculo que vai chegar con moita facilidade ao corazón e á cabeza do público adulto e xuvenil. A obra está creada pola unión de con Artefeito Igaxes, entidade especializada no traballo con menores en risco de exclusión, e con . CulturactivaA unión de forzas e de sinerxias de calidade está presente tamén detrás do pano do teatro para achegar unha peza única.

Compañía: Artefeito

Autoría: Fernando Epelde

Dirección: Tamara Canosa

Elenco: Victoria Pérez, Anxo Outumuro, Sara Ferro

Duración: 60 minutos

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes de Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende: Selecciona fecha

Ata: Selecciona fecha

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible