Un home chega á entrada dun tanatorio xusto no momento en que se vai a luz...
Para público en xeral
30/03/2019
Xa rematou
21:00 h
* Pedir puntualidade. Non se permitirá o acceso á sala unha vez comece a función.
75 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 7,00 euros)
Deberán ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto onde terá lugar o espectáculo.
As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada de acceso ao teatro.
981 184 293
A escuridade, o forzado silencio e a incómoda humidade que se respira no vestíbulo evócalle un soliloquio co que percorre trazos de distintas vidas ata chegar á súa propia.
Personaxes díscolos, como non (un tío avó coa súa parella de Almansa, un grupo de adolescentes punkys con moto, unha rapariga na beira dunha estrada...), que provocan situacións non menos disparatadas.
O público, envolto na historia, reacciona con empatía cara á voz que lles conta, e mira cos ollos grandes todo o que vai experimentando.
Moitas gargalladas, algunha situación basta superada con habilidade, tenrura e humor e tamén preguntas. O espectáculo enche o público de moita risa, emoción e tamén preguntas ás que ninguén ten obriga de contestar.
Sobre o escenario póñense a bailar como parella a vida e a morte ao ritmo e son que as risas do público marcan.
Todas as vidas deberían acabar bailando así.
Autoria, dirección e interpretación: Félix Albo
Idioma: CASTELÁN
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible