Os ToomPak crense sós e afánanse por buscar, seleccionar e transformar o lixo en beleza e esfórzanse niso porque ao chegar o día queren ofrecer a súa música, o seu ritmo, a súa alegría aos que nunhas horas chegarán ao vertedoiro.
Para público en xeral
20/09/2019
Xa rematou
19.30 h
3 € en Ataquilla
Da man de Signus, ToomPak, especialistas en crear música a partir de instrumentos reciclados, chega á Coruña cun amplo programa de actividades a través das cales pretende sensibilizar na necesidade do coidado dos océanos e do medio ambiente. A Coruña énchese de música feita con pneumáticos, bidóns, tubos, ferramentas e todo tipo de utensilios rescatados do lixo. Viva a música e a reciclaxe creativa!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible