Concello da Coruña

Concello da Coruña

Torre de Breoghán - A luz dos Milésians

Concerto de Luar na Lubre coa Orquestra Sinfónica de Galicia.

Cando:

Os días 21/06/2014 ás 20:00 , 22/06/2014 ás 12:00

Xa rematou

Horario:

- sábado 20.00 h

- domingo 12.00 h

Enderezo:

Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta América S/N. 15004 A Coruña

Prezo:

ZONA A: 27,50 €
ZONA B: 20,00 €
ZONA C1: 15,00 €
ZONA C2: 11,00 €


ESPECIAL* 6,30 €* (*) para maiores de 65 anos, menores de 26 anos e desempregados en C2.

O espectáculo rescata o relato épico recollido da cultura oral céltica en Ghabhala Eirean (“Libro das Invasións”) escrito por monxes irlandeses no s. XI, no que se narran por orde cronolóxica as invasións sufridas por Irlanda. A máis importante, por ser a última cronoloxicamente, é a dos Milesios, que dende Brigantia (A Coruña) chegaron á Illa Esmeralda (Irlanda) seguindo a Íth, que, segundo conta a lenda, descubriuno oteando o horizonte dende a torre que construíu Breogán, o seu pai: a actual Torre de Hércules.

A música de Torre  de Breoghán baséase en varios traballos anteriores de Luar na Lubre dedicados aos catro elementos clásicos, baixo un arranxo sinfónico que escribiu Nani García, autor das bandas sonoras de Engurras ou De Profundis, sobre cuxa simulación por ordenador xa está iniciando ensaios o grupo. Para o espectáculo, a OSG e Luar na Lubre serán dirixidos por Diego García Rodríguez, mozo director galego do Taller Atlántico Contemporáneo, co que obtivo rotundos éxitos no Auditorio Nacional de Madrid e na 53ª Semana de Música Relixiosa de Cuenca.

O espectáculo visual está deseñado por Estefanía Cagiao, cuxa especial sensibilidade pola iconografía celta xa acompañou a Luar en anteriores ocasións e contará coa escenografía de Franc Aleu, cuxas realizacións especialmente impactantes foron parte de moitos proxectos da Fura dels Baus.

A estrea no Palacio da Ópera da Coruña será a materia prima para a edición en CD, e un DVD que terá por director a Jorge Coira, contará coa colaboración da TVG e será distribuído por Warner Music. Tamén se prevé que poida ser o punto de partida dunha futura xira por España e diferentes capitais europeas.

 

VENDA DE LOCALIDADES:

A través do Servizo de Venda de Entradas de Novagalicia Banco, por internet durante as 24 horas do día (http://www.novagaliciabanco.es) e no teléfono 902 43 44 43 ata 24 horas antes de cada espectáculo, en horario de 8 a 22 horas de luns a domingo salvo festivos nacionais.

Despacho da praza de Ourense de luns a venres, excepto festivos, de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Palacio da Ópera, mesmo día da representación de 11 a 14 horas e de 17 ata o comezo do espectáculo.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión