Danza contemporánea
Para público en xeral
21/12/2019
Xa rematou
20.30 h
60 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
12,00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)
(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro)
(Se vostede merca entradas con desconto a través de teléfono ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)
Estamos cegos? The Lamb parte dun acontecemento milagroso, a recuperación da vista, para mergullarnos, con todo, nunha experiencia cegadora. Nela, ceo, inferno e purgatorio confúndense entre si, así mesmo, cun prostíbulo no que corpos flameantes ofician estraños rituais onde os roles de vítima e verdugo son intercambiables. Neste mundo, para espertar, necesitas cerrar os ollos por segunda vez. "E espertei sobresaltado, como ante un perigo repentino e perverso, como se na escuridade tocase coas miñas mans a pel xeada dun réptil", Ernesto Sábato
Coreografía: Mattia Russo e Antonio de Rosa en colaboración coas persoas intérpretes
Intérpretes: Astrid Bramming, Antonio de Rosa, Laura Carolis, Alejandro Moya, Mattia Russo e Giulia Russo
Actor: Alberto Tierrez
Dirección: Mattia Russo e Antonio de Rosa
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226
Web: https://www.ticketea.com/entradas-danza-the-lamb-korsia-teatro-rosalia/
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible