Nas Bibliotecas da Coruña, FNAC e Librerías do Barrio da Peixería, atoparás libros e material audiovisual sobre os océanos e os mares.
público en xeral
Familias, Para público en xeral
Dende o 12/09/2016 ata o 30/09/2016
Xa rematou
Entrada gratuíta
A vida cabe nun libro. E os mares tamén; aventuras imaxinarias, historias reais de viaxeiros que se enfrontaron ao mar, lendas de mariñeiros, contos para nenos (e non tan nenos)... Se queres vivir o mar dunha forma diferente, dá unha volta polas bibliotecas e as librerías da Coruña, nelas atoparás un sen fin de relatos sobre os océanos que che farán vibrar como se estiveses a tripular unha goleta.
Sube a bordo da túa biblioteca
Biblioteca Infantil e Xuvenil, Biblioteca Sagrada Familia, Biblioteca Castrillón, Biblioteca Fórum Metropolitano, Biblioteca Os Rosales, Biblioteca Monte Alto, Biblioteca Ágora.
Desde as aventuras do Capitán Ahab ao desconsolo do pai de Nemo, enrólate nas Bibliotecas Municipais da Coruña e o seu programa Biblioteca Verde, un espazo para informar, reflexionar e compartir. As súas reunións mensuais teñen como obxectivo crear un foro de debate sobre temas de actualidade relacionados co medio ambiente e a sustentabilidade.
Desde o 12 ao 30 de setembro en cada unha das bibliotecas municipais atoparás un Punto de interese con libros e material audiovisual sobre os océanos e os mares.
Ademais, poderás gañar entradas para participar no Bautismo de vela e a Regata Mar de Mares, no Taller de Cociña Sustentable con todo o sabor do mar de Iván Domínguez e Showcooking do Cru e o Cocido con visita á lonxa.
Máis información en: www.coruna.es/bibliotecas
As Bibliotecas Municipais tamén estarán presenten na Illa da Reciclaxe do Mercado do Mar e no espazo de concienciación ambiental da exposición Pel de Mar de Xulio Villarino no Quiosco Alfonso.
Enrólate na túa librería
FNAC
O gran buque da cultura únese ao festival; na súa tenda da Coruña poderás atopar un posto cunha selección de vídeos e libros sobre o mar. E poderás participar no sorteo de dúas entradas para o Bautismo de vela e Regata Mar de Mares e o Taller de Cociña Sustentable con todo o sabor do mar de Iván Domínguez.
FNAC. Mercado Eusebio da Guarda. Praza de Lugo s/n www.fnac.es
Librerías do barrio da Peixaría
As librerías do barrio poñen rumbo a océanos reais e imaxinarios e ofrécennos unha gran variedade de libros e películas sobre o tema. Nelas podes recoller o programa do Festival, ademais de gozar durante uns días de toda a épica das aventuras nos mares sen saír do barrio máis mariñeiro da cidade. Ademais, podes conseguir a través da túa librería de barrio favorita unha invitación para participar na Visita Intermareal en Familia.
Librería Arenas. Cantón Pequeno, 25
Librería Berbiriana. Rúa Santiago, 7. Porta Real
Librería Cascanueces. Rúa Cordonería, 10
Libraría Moito Conto. Rúa San Andrés, 35
Librería Sisargas. Rúa San Roque, 7
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible