Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xeración de cartas de pago

En que consiste?:

É a posibilidade de obtención dos instrumentos de pago de recibos, de liquidacións e autoliquidaciones

Recibos de cobro periódico:

- Imposto de Bens Inmobles (IBI), tanto de natureza urbana como rústica

- Imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM)

- Imposto de Actividades Económicas (IAE)

- Taxa de recollida e tratamento de lixos.

- Taxa de Cemiterios.

- Taxa por aparellos distribuidores.

- Taxa por entrada de vehículos (vaos).

A quen vai dirixido?:

Titulares de recibos ou os seus representantes legais e de liquidacións e autoliquidaciones.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

Todo o ano

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Acreditación da titularidade dos recibos que se solicitan.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro da área Económica. Dirección: rúa da Franxa nº 21-22, planta baixa esquerda. C.P. 15001 A Coruña.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Como se fai?:

Na Oficina Virtual do Contribuínte, identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, na opción Recibos e As miñas Liquidacións. Unha vez xerado arquívase no Buzon de Documentos da OVC. Esta opción recoméndase sempre que se teña certificado dixital, posto que se obtén o documento de maneira inmediata.

En calquera caso, en aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Oficina Virtual do Contribuínte:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

Certificado dixital:

Si

Teléfono

Outros trámites

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión