Que pasa con todos eses zapatos que xa ningúen usa?
Espectáculo para público de 1 a 4 anos.
Familias
11/09/2016
Xa rematou
11.30 e 13.00 h. (Pídese puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá acceder á sala)
35 minutos
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
6,00 €. Abono 3 familiar: 15,00 € (mínimo un adulto e un menor).
Menores de 3 anos: 2,00 €
Capacidade reducida
Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos e de lles dar a benvida ao lugar onde vivirán para sempre; un lugar onde poder compartir emocións coas belas bailarinas, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co sol, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.
"Zapatos" narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.
Espectáculo recomendado pola "Red Nacional de Teatros" e mención especial do xurado na XXVI Mostra Internacional de Títeres de la Vall d'Aldaida.
VENDA DE ENTRADAS E ABONOS:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible