Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Zoran, il mio nipote scemo" (Zoran, o meu sobriño parvo) de Matteo Oleotto

Paolo, un infeliz borrachón, desexa recuperar a súa esposa, que marchou con outro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 27/06/2024, 28/06/2024, 29/06/2024

Xa rematou

Horario:

Xoves ás 20.00 h

Venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Duración:

106 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos:

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión das persoas espectadoras: sábados ás 17.30 h, con prezo único de 1,50 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar a proxección deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programadas.

• Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Daniela Gambaro e Matteo Oleotto

Italia-Eslovenia 2013

106 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 7 anos

Paolo, un infeliz borrachón, desexa recuperar a súa esposa, que marchou con outro. De súpeto, irrompe na súa vida Zoran, un parente de 15 anos que vén de Eslovenia e que padece un lixeiro autismo. A súa principal cualidade é o seu talento cos dardos. Tras unha proba nun club, Paolo percátase de que o seu sobriño podería cambiar a súa vida se conseguise gañar o premio principal do campionato mundial de dardos de Glasgow: 60.000 euros.

Ligazón ao tráiler: https://youtu.be/bPY1XuvIrMQ

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección dende media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (agás festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión