Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de decembro de 2024

Máis de 750 persoas e 16 compañías nacionais e internacionais participarán na Cabalgata de Reis da Coruña, que volverá a partir de Monelos

As persoas figurantes levarán unha indumentaria que conmemora o 40 aniversario da Casa das Ciencias

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá todos os detalles da Cabalgata de Reis 2025, que se celebrará como cada ano o vindeiro domingo 5 de xaneiro a partir das 18.00 horas. "Este é un dos días máis especiais do ano na cidade e sabemos que hai milleiros de familias agardando por este desfile, así que volverá a ser o mellor de Galicia", sinalou a rexedora.

Este 2025 a Cabalgata de Reis volverá a partir desde o barrio de Monelos, concretamente desde a rolda de Camilo José Cela, como xa fixo na última edición, ás 18.00 horas. O percorrido discorrerá pola avenida de Monelos e a comitiva real irá cara Pérez Ardá e Ramón y Cajal, onde percorrerá toda a rúa ata a avenida do Porto. Desde alí as carrozas irán cara Linares Rivas e a praza de Ourense para emprender a marcha final polos Cantóns e a Marina, rematando como sempre na praza de María Pita, onde os reis saudarán aos nenos e nenas desde o balcón do palacio municipal.

Este ano a Cabalgata de Reis contará con 13 carrozas, seis municipais e sete de patrocinadores, seis trens e 18 espectáculos escénicos e de animación. Volverá a haber un tren solidario e participará a Fundación ENKI e un camión de bombeiros. A temática invernal, "levando ás persoas asistentes a un mundo máxico e xélido" con fadas, animais, bonecos de luz e cor, acróbatas, seres máxicos e demais personaxes fantásticas que acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar. 

Ademais, tal e como confirmou Inés Rey, os e as figurantes que participarán este ano irán vestidos cunha indumentaria inspirada no ceo e nas estrelas, como pequena homenaxe polo 40 aniversario da apertura da Casa das Ciencias e o seu planetario, que celebraremos este 2025. "Este museo é un dos símbolos da nosa cidade e quixemos que estivese presente nesta xornada tan especial, na roupa deses nenos e nenas que o visitan cada ano", sinalou Rey

A alcaldesa agradeceu o traballo levado a cabo por todas as persoas que integran o equipo de organización e desenvolvemento da Cabalgata de Reis. Este ano, participarán máis de 750 persoas entre efectivos policiais, de protección civil, bombeiros, sanitarios, seguridade e persoal de acompañamento de carrozas, persoal municipal, voluntarios, compañías artísticas e figurantes. Haberá 450 figurantes, 300 dos cales foron escollidos por sorteo estas últimas semanas. En canto ás compañías artísticas, serán unhas 150 persoas e un equipo de produción formado por outras 125. Trátase de 16 compañías nacionais e internacionais que amenizarán o desfile cunha proposta coral. 

Outras actividades cos Reis Magos

Por outra banda, haberá estes días previos visitas dos propios reis e dos seus paxes aos centros cívicos, asociacións de veciños e bibliotecas infantís dos barrios e os días 2, 3 e 4 de xaneiro estarán no Palacio Municipal de María Pita, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas, para recibir as cartas dos nenos e nenas da cidade.

As visitas dos paxes reais están previstas en horario de 17.00 a 19.00 horas os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Serán nos seguintes espazos: 

  • Xoves 2 na Biblioteca Infantil Forum Metropolitano, na Biblioteca Infantil Durán Loriga, na Biblioteca Infantil Ágora e na Asociación de Veciños de Bens.
  • Venres 3 na Biblioteca Infantil Sacra Familia, Biblioteca Infantil Monte Alto, na Asociación de Veciños do Ventorrillo e Asociación de Veciños da Zapateira.
  • Sábado 4 na Asociación de Veciños de Nostián, na Asociación de Veciños de Durmideiras, na Asociación de Veciños do Barrio das Flores e na Asociación de Veciños de Mesoiro e Vío

Compañías artísticas

  • Compañía Les Enjoliveurs (Francia).
  • Compañía  Stelzen Art (Alemania).
  • Compañía Teatro Per Caso (Italia).
  • Compañía Boneca Lareta (Galicia).
  • Compañía La Fiesta Escénica (Galicia).
  • Compañía Bambolea (Madrid).
  • Compañía Pablo Méndez (Galicia).
  • Compañía Boneca Lareta (Galicia).
  • Compañía Pablo Méndez (Galicia).
  • Compañía Boneca Lareta (Galicia).
  • Compañía Pablo Méndez (Galicia).
  • Compañía La Fiesta Escénica (Galicia).
  • Compañía Boneca Lareta (Galicia).
  • Compañía Pablo Méndez (Galicia).
  • Compañía Fiesta Escénica (Galicia).
  • Manicómicos (Galicia).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión