25 de outubro de 2024
A alcaldesa, Inés Rey, visitou os comercios da rúa Ángel Senra no reparto dos paraugas da campaña ‘Apoia o teu comercio’
Hoxe, venres 25 de outubro, celébrase o Día do Comercio Local, unha xornada dedicada a poñer en valor o pequeno comercio da cidade e a importancia do seu rol nas nosas comunidades. A alcaldesa, Inés Rey, visitou os comercios da rúa Ángel Senra acompañada pola concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas.
Baixo o lema "Apoia o teu comercio", a campaña inclúe o reparto de 2.000 paraugas entre as persoas que decidan realizar as súas compras nos establecementos locais que participan na iniciativa.
"Grazas ao apoio cidadán, estes negocios manteñen o espírito das nosas rúas e barrios dinamizando a economía das familias coruñesas", sinalou a alcaldesa, que destacou o compromiso do seu Goberno co comercio local promovendo espazos máis accesibles e actividades culturais nos mercados municipais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible