Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de decembro de 2017

Apúntate ao programa de Emprego Xuvenil EMPREGO XOVE

Formación, prácticas en empresas e inserción laboral nos empregos máis demandados

QUE ME OFRECEDES?

  • Formarte en poucas horas cos coñecementos básicos e prácticos en sectores demandados polas empresas hoxe en día.
  • Mellorar os teus coñecementos en inglés e informática para ter máis posibilidades no mercado laboral.
  • Prácticas en empresas reais adaptadas ás túas calidades, con seguimento e titorías individualizadas.
  • Mellorar as túas posibilidades de atopar traballo á túa medida canto antes.

PODO ENTRAR EU NUN CURSO?

Están abertos a mozos e mozas de 16 a 29 anos en situación de desemprego que se apunten a Garantía Xuvenil. Non necesitas ter un nivel de estudos específico.

QUE CURSOS HAI?

  • Limpeza en edificios e locais. 80 h de formación específica, 80 de formación transversal e 80 h de prácticas en empresas.
  • Operacións auxiliares no punto de venda. 100 h de formación específica, 80 de formación transversal e 80 h de prácticas en empresas.
  • Arranxo de habitacións e zonas comúns en aloxamentos. 120 h de formación específica, 80 de formación transversal e 80 h de prácticas en empresas.
  • Elaboración culinaria básica. 160 h de formación específica, 80 de formación transversal e 80 h de prácticas en empresas.
  • Servizo básico de restaurante-bar. 120 h de formación específica, 80 de formación transversal e 80 h de prácticas en empresas.

Itinerario personalizado sen formación específica. Se xa tes formación en ciclos ou universitaria, adaptámonos ao teu caso e dámosche 80 h de formación transversal e as 80 h de prácticas en empresas.

QUE HORARIO DE CLASES TEN?

Xeralmente son polas mañás, pero podemos valorar as túas necesidades. Chámanos e vémolo contigo.

QUE VOU APRENDER?

Cada curso ten os seus contidos adaptados ao que necesitas saber para traballar no seu sector, pódesnos chamar para saber os detalles de cada un. Ademais, todos os cursos teñen unhas horas de formación transversal, como inglés ou ofimática, para mellorar as túas habilidades e mellorar as túas posibilidades de empregabilidade.

Ao rematar, farás prácticas nunha empresa e sairás ao mercado laboral con experiencia real.

PRAZOS

Todos os cursos teñen o prazo de inscrición aberto, chámanos ou escríbenos para que te orientemos sobre os cursos que máis che interesen.

TEN ALGÚN CUSTO?

Non, este programa de emprego xuvenil é gratuíto.

QUE TEÑO QUE FACER?

1- Chamarnos ao 010, ao 981 184 399 ou mandar un correo electrónico a empregoxoven@coruna.es . Veremos cales son as túas necesidades e un/unha orientador/a laboral verá contigo o itinerario, curso, horarios... que máis se axustan a ti.

2- Empezar a formación e con prácticas laborais!

A ONDE TEÑO QUE IR?

Estamos no Centro Municipal de Emprego "Os Rosales", na estrada dos Fortes, 16 A Coruña.

Podes vir ou chamar ao 010 (chamada gratuíta) dentro do termo municipal da Coruña ou ao 981 184 399.

Tamén en empregoxoven@coruna.es

Proxecto desenvolvido pola Área de Emprego do Concello da Coruña e cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco da Iniciativa de Emprego Xuvenil.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión