Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de abril de 2019

O próximo 4 de maio realizarase a II Feira de Economía Social

O próximo 4 de maio realizarase a II Feira de Economía Social, iniciativa impulsada polo Concello da Coruña, a través da súa Concellería de Emprego e Economía Social, en colaboración coas principais entidades galegas que traballan no campo do cooperativismo.

A Concellería de Emprego e Economía Social apostou desde o seu inicio por incentivar o desenvolvemento e visibilizar as entidades de economía social a través da sinatura do convenio coa Rede Eusumo, con colaboracións varias con entidades deste ámbito, na difusión en centros educativos do cooperativismo a través dos programas Inicia e Semente, e a realización de eventos onde se pon de manifesto o interese de incentivar cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción, e organizacións de integración de persoas en risco de exclusión que entre outras conforman a paisaxe da economía social.

O obxectivo principal da Feira de Economía Social é fortalecer e visibilizar a economía social, unha realidade socioeconómica en crecemento que ofrece a través das súas prácticas respostas reais á problemática actual en diversos sectores como o produtivo, os servizos, a comercialización, o consumo ou o financeiro, a través de modelos empresariais e proxectos sociais que basean a súa viabilidade nunha rendibilidade integral (económica, social e ambiental).

Nesta liña a Feira de Economía Social pretende achegar á cidadanía as propostas existentes na economía solidaria para un consumo consciente, responsable e transformador que existen no noso territorio. Ademais preténdese promover a inter-cooperación entre empresas e entidades.

Cando falamos de economía social estamos a nos referir a un concepto socio-empresarial, a un modelo de empresa que se caracteriza por uns obxectivos orientados á procura do ben común. Para este tipo de empresas é fundamental a reinversión dos beneficios no mantemento do obxectivo social, o mantemento do emprego, a redistribución da riqueza... Traballamos pola solidariedade en definitiva, cuns principios nos que o benestar das persoas prima sobre o capital ou sobre calquera outro obxectivo. Na economía social, a responsabilidade corporativa forma parte do ADN da empresa, vai dentro dos valores corporativos. Os principios de honestidade, equidade, solidariedade, igualdade, ética empresarial..., xa están na propia natureza da economía social.

Durante a realización da II Feira do Economía Social que terá lugar o día 4 de maio de 2019 no Campo da Leña, en horario de 11.00 a 21.00 horas, máis de 15 cooperativas dos sectores, culturais, servizos , construción, consumo e varias asociacións, procedentes de diferentes lugares de Galicia, expoñerán os seus produtos e servizos como parte do cambio social que se busca xerar, consolidando e facendo crecer a densa rede da economía cooperativa, social e solidaria e impulsando co seu exemplo novas iniciativas.

O evento acollerá actividades lúdicas, contacontos e actuacións musicais, todo dentro do marco da programación de exposición de experiencias e iniciativas de Economía Social. Realizaranse tres mesas temáticas, a primeira ás 11:30 h denominada "A economía social, unha forma diferente de emprender" onde participarán tres entidades de renome neste ámbito como son Espazocoop, AESGAL e Medatlantia Consultoría Europea S.C.G., a segunda, que terá lugar ás 12:30 hora denomínase "A economía social con fins sociais e culturais" onde participarán Mulleres Colleiteiras e Nosa Enerxía S.C.G. que poñerán de manifesto a eficacia e importancia deste tipo de entidades. En terceiro lugar e en horario de tarde, ás 18:00 horas, catro iniciativas empresariais de diferentes sectores e ámbitos falarán da súa experiencia, participarán nesta mesa, Euronor, cooperativa no sector da perruquería e estética, Itaca Software libre, cooperativa do sector tecnolóxico, e I-Lab Centro Especial de emprego con actividades de xoiería e AlmaZen ioga.

Habilitouse durante toda a xornada un espazo aberto para xogos de menores que dispoñerá de bloques xigantes de cartón estilo LEGO e talleres artesanais en diferentes horarios ao longo da xornada.

Para máis información achégase o programa:

  • Plano do evento
  • Programa lúdico
  • Programa das actividades en economía social
  • Participantes nos postos

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión