Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de outubro de 2024

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, asistiu ao IV Encontro Nacional de Mercados Tradicionais organizado por METRAE

O Concello avanza na consecución de San Agustín como Mercado Excelente de Galicia

A pasada semana comezaron as sesións formativas ás praceiras e praceiros que terán lugar durante o mes de outubro

O Concello da Coruña iniciou a pasada semana a formación ás praceiras e praceiros do Mercado Municipal de San Agustín, no marco das actuacións para a obtención do Selo de Mercado Excelente. A iniciativa vai na liña da revitalización do mercado posto en marcha polo Goberno de Inés Rey, coa humanización da contorna e a posta en uso dos postos exteriores.

O selo de 'Mercado Excelente' recoñece aos mercados e prazas de abastos galegos que acadanos estándares de calidade establecidos no Plan de Mercados Excelentes de Galicia, revulsivo económico e incremento do seu atractivo e interese turístico. 

A primeira das actuacións no proceso de consecución do selo consisten na formación presencial ofrecida ás praceiras e aos praceiros que comezou esta semana no Centro municipal de empresas ACCEDE Papagaio. O programa de formación ten como obxectivo proporcionar contidos útiles, dinámicos e prácticos para as persoas participantes con contidos que abranguen dende a ordenanza municipal de funcionamento dos mercados, ata o etiquetado de produtos, dereitos dos consumidores ou a imaxe e colocación dos produtos dende un punto de vista comercial. En total, impartirase tres sesións ao longo do mes de outubro.

Así mesmo, tras a formación realizaranse outras iniciativas como un estudo de diagnose da localización e usos do mercado, que permitirá avaliar e adaptar as futuras accións ás súas necesidades reais. "O obxectivo é acadar o selo para a potenciación como equipamento e servizo público", indicou a concelleira de Comercio, Emprego e Mercados, Diana Cabanas. O programa está cofinanciado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración das subvencións para o impulso dunha Rede de mercados excelentes de Galicia.

O Mercado de San Agustín, posicionado a nivel nacional

Esta fin de semana tivo lugar o IV Encontro Nacional de Mercados Tradicionais en Sevilla, con representantes institucionais de diferentes puntos de España. A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, asistiu á xornada en representación do Concello da Coruña, administración convidada pola Confederación dos Mercados Tradicionais de Abastos de España (METRAE), organizadora do encontro.

Cabanas destacou o traballo levado a cabo polo Goberno de Inés Rey para a dinamización do comercio local e dos Mercados Coruñeses, con exemplos de accións como o Mercado das Nubes no Mercado de San Agustín. O emplazamento foi referenciado durante a ponencia inaugural das xornadas como exemplo de modelo de xestión, xunto coa Boquería de Barcelona e o Mercado da Ribera de Bilbao.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión