Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xuño de 2013

Programa de asesoramento e formación a emprendedores. Segundo semestre 2013

Dende o Departamento de Promoción Económica lévase a cabo o proceso de asesoramento e formación para emprendedores do termo municipal da Coruña. É obxectivo deste departamento, entre outros, a incentivación da creación de empresas e o apoio ás persoas emprendedoras.

OBXECTIVO:

Consideramos necesario, tanto para emprendedores como para empresarios, o coñecemento de certas materias que lles son descoñecidas ou que requiren unha actualización; para iso colabórase cos emprendedores na orientación sobre a viabilidade da idea, a información sobre axudas e subvencións, e a asistencia na posta en marcha de actividade.

O obxectivo é, polo tanto, mellorar as posibilidades de éxito dos proxectos que se inician e a supervivencia das pequenas empresas.

ITINERARIO PARA EMPRENDEDORES:

Este itinerario ten o seu inicio nun asesoramento grupal básico onde se imparte unha formación xeral sobre plan de empresa: formas xurídicas, trámites de constitución e axudas e subvencións, para pasar ou ben a un asesoramento individual, en funcion das necesidades de cada proxecto ou ben a un proceso de formación nas distintas áreas que se consideran básicas como son: fiscalidade, financiacion, elaboración de plan de empresa, e novas tecnoloxías. Non se descarta ampliar esta formación en áreas máis específicas en función do demandado polos emprendedores.

En todo caso, o obxectivo final é a creación de empresas no noso termo muncipal, que son responsables de xeración de emprego e riqueza.

ASESORAMENTO:

  • Diariamente: asesoramentos individuais
  • Semanalmente: 1 asesoramento grupal

 

FORMACIÓN:

  • Taller de Plan de empresa: A idea é que o emprendedor elabore o seu plan de empresa, estude o mercado, plasme nun papel estimacións de ingresos e gastos, e que reflexione sobre a súa viabilidade.
  • Taller de Presentación de Proxectos: Finalizada a elaboración do Plan de empresa, o emprendedor debe coñecer as pautas básicas para facer unha boa presentación del.
  • Taller de Fiscalidade para que o emprendedor: teña unha idea básica, clara e concisa das distintas obrigas fiscais e tributarias (IVE, IRPF, SOCIEDADES).
  • Taller de Financiamento: Preténdese abordar as distintas formas de procura de fondos que poden existir para investimento e tesourería; autofinanciamento e financiamento alleo a curto e longo prazo.
  • Taller de Novas Tecnoloxías: Co obxectivo de sensibilizar os emprendedores e titulares de empresas da utilidade das ferramentas que hai ao seu alcance para conectar con clientes, actuais e futuros, e establecer unha relación directa con eles: Facebook, Twitter, blogs…, e a elección de cal pode resultar de máis axuda en cada caso.

 

Cronograma do segundo semestre:

Datas Talleres formativos Número de horas
23, 24, 26 e 27 de setembro      
Plan de empresa      16 horas             
30 de setembro, 1, 3 e 4 de outubro Plan de empresa 16 horas
9 de outubro Presentación de proxectos   4 horas
10 de outubro Financiamento   4 horas
16 de outubro Fiscal   4 horas
14 de outubro Novas tecnoloxías (introdución)   3 horas
18 - 28 de outubro Redes sociais 15 horas
30 de outubro Xornada sobre comercio exterior   4 horas
4 - 8 de novembro Curso de introdución ao comercio exterior 20 horas
4 e 5 - 7 e 8 de novembro Plan de empresa  16 horas
13 de novembro Financiamento   4 horas
14 de novembro Fiscal   4 horas
15 de novembro Novas tecnoloxías (introdución)   3 horas
21 de novembro Presentación de proxectos   4 horas
18 ao 27 de novembro Redes sociais 15 horas
4 de decembro Marketing online   4 horas

 

Para inscribirse a través do e-mail: emprego@coruna.es

Número de prazas limitadas

Datos mínimos de inscrición previa: nome e apelidos, proxecto empresarial, teléfono de contacto e e-mail.

Programas relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión