Facilitarlles información e orientación laboral ás persoas que buscan emprego
Asesoramento grupal e individualizado sobre os recursos que en materia de procura activa de emprego, formación para o emprego e emprendeduría, dispón o Servizo Municipal de Emprego.
Comeza cun asesoramento grupal a través do Taller de Información para a Procura de Emprego.
Para poder participar neste taller hai que solicitalo anticipadamente chamando ao Centro Municipal de Emprego ao 981 184 399, a través do báner "solicita unha entrevista" nesta web ou persoalmente na conserxería do Centro Municipal de Emprego dos Rosales.
A inscrición realizarase por orde de entrada da dita solicitude.
No taller falarase sobre os recursos do Servizo Municipal de Emprego: itinerarios de inserción, formación para o emprego, intermediación laboral e procura de emprego por conta propia ou por conta allea. Incluiranse tamén as explicacións necesarias sobre os novos Certificados de Profesionalidade (RD 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os Certificados de Profesionalidade) e o proceso de recoñecemento da experiencia profesional (RD 1224/2009, do 17 de xullo de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral).
Poderase solicitar unha entrevista de orientación a través dunha cita individual co persoal técnico de orientación do Servizo Municipal de Emprego. O establecemento da cita para a entrevista realízase a través de chamada telefónica desde o servizo á persoa interesada.
A duración do taller será aproximadamente de 2 horas.
A entrevista de orientación divídese:
Acollida: servirá para acoller inicialmente a persoa, establecer as bases da relación e explicarlle o sistema de orientación do SME. Nesta fase realízase a exploración das expectativas, metas e necesidades da persoa entrevistada. Recollerase a documentación solicitada na concertación da entrevista (copia deDNI/NIE, copia da tarxeta de demanda de emprego e C.V. e vida laboral se dispón delas).
Diagnóstico: realizarase a exploración do contexto formativo, profesional e persoal:
Unha vez finalizada esta fase o persoal orientador valorará:
A duración da entrevista non será superior a 1 hora. No caso de que sexa necesario máis tempo a persoa orientadora proporcionaralle ao/á usuario/a unha nova cita.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible