Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Programa de orientación laboral para centros públicos
Obxecto:
Mantemento dunha colaboración permanente entre o Servizo Municipal de Emprego e o sistema escolar.
Establecemento de mecanismos para detectar necesidades no ámbito da orientación do alumnado.
Deseño, desenvolvemento e avaliación de programas específicos de intervención dirixidos a dar resposta ás necesidades tanto do alumnado como do Departamento de Orientación do centro educativo.
Información dos recursos laborais e profesionais ao seu alcance que faciliten a toma de decisións.
A quen vai dirixido?:
Estudantes de últimos cursos de ciclos formativos.
Recursos materiais:
Ferramentas para a procura de emprego.
Recursos humanos:
Persoal técnico de orientación laboral e do Punto de Atención para o Emprego.
Organiza:
Área de Emprego e Empresa.
Núm. de seminarios realizados.
Núm. de alumnos atendidos.
Posibilita que o alumnado de centros públicos que imparten ciclos formativos dispoña da información e o asesoramento necesario para acurtar os tempos entre o remate dos estudos e a incorporación ao emprego.
Os seminarios que se ofrecen, cun deseño eminentemente práctico, son os seguintes:
Seminario de Habilidades sociais para o emprego. Trabállase o autocoñecemento e as habilidades para o emprego.
Seminario de Ferramentas para a busca de emprego. Facilítase información sobre os métodos e as ferramentas de procura de emprego: carta de presentación e currículo.
Taller de Entrevista de traballo. Información e simulacións de entrevistas de selección.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible