O Concello da Coruña, a través da Concellería de Emprego e Empresa, impulsa o Pacto Local polo Emprego como unha suma de esforzos e unha estratexia clave para a consecución de obxectivos de inserción laboral e de igualdade de oportunidades na cidade.
Trátase dunha estrutura básica de participación, coa importante tarefa de executar o Plan municipal de Emprego e Economía Social e desenvolver as actuacións que permitan o acceso a un posto de traballo a aquelas persoas con maiores dificultades de inserción.
O Concello da Coruña lidera o traballo en rede cos principais axentes económicos e sociais: entidades sindicais, organizacións empresariais, Universidade e outras de carácter social, baseándose na concertación, a igualdade de oportunidades, o impulso das novas tecnoloxías, a innovación e a calidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible