Concello da Coruña

Concello da Coruña

Obxectivos

O Pacto Local polo Emprego supón, por parte de todas as entidades integrantes, un compromiso co futuro do emprego da cidadanía da Coruña, especialmente das persoas en situacións máis vulnerables.

Entre os seus obxectivos están:

  • Mellorar os mecanismos de acceso ao mercado de traballo
  • Favorecer os procesos de integración e inserción laboral dos colectivos máis vulnerables
  • Promover a inclusión social e loitar contra calquera tipo de discriminación no mercado laboral
  • Fomentar a igualdade de xénero e de oportunidades
  • Promover a conciliación laboral e persoal
  • Apoiar o emprendemento e a economía social
  • Apostar pola innovación empresarial
  • Promover a creación de redes de cooperación municipais e supra municipais

A quen nos diriximos

As entidades socias do Pacto Local polo Emprego traballan para impulsar a cualificación profesional e a inserción laboral das persoas desempregadas, de maneira especial daquelas que teñen máis dificultades para incorporarse ao mercado de traballo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión