Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de outubro de 2024

AJE Provincia da Coruña, convoca o XXV Premio Emprende Coruña

A entrega de premios será o xoves 7 de novembro no Palacio da Ópera ás 20.00 horas.

Enviámosvos información dun dos proxectos máis especiais para a asociación, o XXV Premio Emprende Coruña no que queremos recoñecer o grande esforzo que facedes por sacar adiante os vosos proxectos. Este galardón un ano máis recoñece e pon en valor a persoas e empresas como a túa, por iso encantaríanos contar contigo como candidata/o a esta distinción emblemática na nosa comunidade, cuxo mero feito de participar é valor de marca, posicionamento e recoñecemento ao teu labor.

Data onde os membros do xurado, composto por diferentes autoridades, personalidades e empresarias/os referentes farán público os premiados

  • Premio Iniciativa Empresarial 2024
  • Premio Iniciativa Emprendedora 2024
    • Accésit á Innovación-Nordés Club Empresarial
    • Accésit á Creación de Emprego
    • Accésit RSC-Vegalsa Eroski

As empresas que desexen presentar as súas candidaturas poden facelo ata o venres 25 de outubro de 2024 enviando os anexos ao e-mail: info@ajecoruna.com

Os requisitos indispensables son as seguintes:

  • Empresas e autónomos con razón social na provincia da Coruña
  • Data de Constitución superior a 6 meses
  • Un mínimo do 25% do capital social constituído por menores de 41 anos

A través da seguinte ligazón atoparedes o formulario para a inscrición como empresa candidata ao premio: https://forms.gle/FigAGBL71szfHE5S6

Achegamos as bases da convocatoria, así como os anexos para presentar.

Como conclusión, agradeceriámosvos que colaborásedes nesta XXV edición a través da difusión e a publicidade entre os membros que consideredes que poidan ter proxectos ou ideas que presentar, xa sexa a través de mailing interno, web e/ou redes sociais. Contas coa nosa axuda e apoio no que necesites para elaborar a documentación.

Agardamos contar contigo!

Enderezo:

Palacio da Ópera da Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña

Documentos relacionados

  • Bases premio Emprende 2024 (233 KB)
  • Anexo 1 - Declaración Xurada (994 KB)
  • Anexo 2 - Memoria de empresa (91 KB)
  • Anexo 3 - Solicitude de candidatura (673 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión