Preme aquí para inscribirte
As prazas libres son en materias como: comercio electrónico, teletraballo, community manager, satisfacción da clientela e xestión de queixas, ademais do certificado de manipulación de alimentos
A formación en liña pasou a formar parte do presente para potenciar as nosas habilidades, crear un mellor perfil profesional e académico e xerar maiores probabilidades de contratación en futuros empregos.
Desde os nosos fogares, podemos continuar ampliando coñecementos sen necesidade de acudir a un centro de formación, incluso as persoas interesadas que non teñan acceso a computador, tablet ou datos, o Concello pon a súa disposición ordenadores e acceso a internet para que poidan realizar as accións formativas elixidas.
Esta é unha medida deseñada para persoas en desemprego, en situación de ERTE, profesionais que cesaron na actividade ou persoas traballadoras temporais que queiran mellorar o seu emprego e que estean empadroadas no Concello da Coruña.
A maioría das accións formativas pódense realizar mesmo no teléfono móbil.
Cada persoa poderá seleccionar as accións formativas das áreas de especialización:
A inscrición estará aberta ata esgotar as prazas.
Todas as accións formativas levan competencias moi demandadas na dixitalización que está a experimentar o mercado actual.
Os cursos son nun formato integramente en liña e accesibles na modalidade 24/7, é dicir, durante as 24 horas do día, calquera día da semana. Ao finalizar a acción formativa, cada persoa poderá descargar o manual de formación e obter o seu diploma.
O prazo para finalizar as accións formativas é ata o 4 de setembro deste ano.
Preme aqui para comezar a inscrición:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible