O Concello da Coruña convoca os Premios 2024 ás Boas Prácticas das Pemes por Conciliación, Corresponsabilidade e Igualdade.
A iniciativa da Concellería de Emprego, Comercio e Mercados, a través do Departamento de Promoción Económica, ten como finalidade premiar o labor das empresas en favor da igualdade de oportunidades e a conciliación da vida laboral e persoal. A contía dos premios será a seguinte:
Categoría | Premios | Contía |
---|---|---|
Igualdade | Primeiro premio | 7.000 € |
Segundo premio | 5.000 € | |
Terceiro premio | 3.000 € | |
Conciliación | Primeiro premio | 7.000 € |
Segundo premio | 5.000 € | |
Terceiro premio | 3.000 € |
Prazo de presentación: desde o 23/09/2024 ao 4/10/2024 ambos os días incluídos
Para máis información:
Convocatoria publicada no BOP do 20 de setembro de 2024 núm. 182, extracto da Resolución do 16 de setembro de 2024, da Concellería de Emprego, Comercio e Mercados, pola que se convocan os Premios 2024 ás Boas Prácticas das Pemes por Conciliación, Corresponsabilidade e Igualdade.
Subvencións para o mantemento e impulso da actividade económica no termo municipal da Coruña, no marco do Plan de Reactivación Económica e social da Coruña (PRESCO) no exercicio 2022.
As solicitudes prestaranse exclusivamente a través da sede electrónica do Concello da Coruña (/sede/gl)
Prazo de presentación de solicitudes: desde as 00.00 horas do 16 de agosto ata as 23.59 horas do 16 de setembro de 2022
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible