Os observatorios municipais son ferramentas que xestionan a información que a propia Administración local xera, así como a doutras fontes externas que dispoñan de datos representativos e relevantes da cidade.
A información dispersa en múltiples fontes posta a disposición pública nun único soporte require un importante labor de investigación, recompilación, xestión e elaboración documental.
Este uso de indicadores e cuantificadores estandarizados permite a comparación con outros territorios e é de grande axuda para o desenvolvemento e a planificación da actividade, tanto pública como privada.
Así mesmo, facilítalle á cidadanía un recurso base para a análise e o coñecemento da cidade en calquera proxecto económico ou social.
Estes son os observatorios municipais, que traballan de forma coordinada:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible