A información dispersa en múltiples fontes posta a disposición pública nun único soporte require un importante labor de investigación, recompilación, xestión e elaboración documental.
Este uso de indicadores e cuantificadores estandarizados permite a comparación con outros territorios e é de grande axuda para desenvolver e planificar a actividade, tanto pública como privada.
Ademais, facilítalle á cidadanía un recurso base para a análise e o coñecemento da cidade en calquera proxecto económico ou social.
O Observatorio Urbano da Coruña é unha ferramenta de traballo dinámica, xeradora de información continua sobre a cidade; un centro de información estatística e un instrumento de visión e planificación urbana futura. O seu obxectivo é solicitar, organizar, concentrar, validar e facilitar a información estatística que xeren os diversos programas e proxectos de xestión municipal, así como outras fontes externas que resulten de interese con datos representativos da cidade.
Esta ferramenta, composta actualmente por 142 indicadores, permite un maior coñecemento da realidade social, económica e ambiental do municipio herculino, ademais de ser útil para a Administración local na súa planificación e posibilitar a detección anticipada das necesidades e demandas emerxentes dos distritos.
A información está estruturada nas seguintes 17 áreas temáticas. Dentro de cada unha delas pódese descargar unha táboa en fortmato excel coa información de todos os indicadores que a compoñen, e ademais, cada indicador ten a súa propia información (descrición, contido, forma de medición etc.) que se pode descargar en formato pdf.
Demografía
Neste apartado atópanse os datos poboacionais do municipio da Coruña e a súa distribución segundo sexo, idade e distrito censal, así como a distribución da poboación estranxeira segundo principais nacionalidades e distrito censal. Analízase o crecemento natural e neto da poboación, en función dos nacementos, defuncións, poboación emigrante e inmigrante. Estúdanse os principais indicadores demográficos e de fecundidade, o que nos permite un maior coñecemento da dimensión, estrutura, evolución e características xerais da poboación coruñesa.
Área temática DEMOGRAFÍA en formato Excel
Nº |
INDICADOR |
---|---|
1. DEMOGRAFÍA |
|
1 |
|
2 |
Distribución da poboación municipal segundo sexo e idade por distrito |
3 |
|
4 |
|
5 |
|
6 |
|
7 |
|
8 |
|
9 |
|
10 |
|
11 |
Poboación de nacionalidade estranxeira segundo distrito e continente de orixe |
Auga
A auga é esencial para a vida. A cantidade de auga doce existente no planeta é limitada e a súa calidade está sometida a unha presión constante. É por iso de vital importancia ter un uso responsable da mesma. Nos indicadores desta sección, contabilízase o consumo de auga por habitante e día, as perdas na rede de abastecemento, así como os resultados dos controis periódicos que se realizan para verificar o estado óptimo da auga potable. Tamén se analiza o rendemento da Estación de Augas Residuais de Bens.
Área temática AUGA en formato Excel
Nº |
INDICADOR |
---|---|
2. SECTORES AMBIENTAIS CLAVE: AUGA |
|
12 |
|
13 |
Número anual de deteccións de inadecuación na calidade da auga potable |
14 |
|
15 |
|
16 |
|
17 |
|
18 |
Rendemento da Estación Depuradora de Augas Residuais de Bens |
19 |
Balance enerxético da Edar de Bens |
Residuos
A correcta xestión dos residuos é un requisito imprescindible e prioritario para poder conseguir un verdadeiro desenvolvemento sostible. Para iso, é necesario contabilizar os residuos urbanos xerados no municipio da Coruña segundo a súa orixe, a cantidade de colectores segundo tipoloxía e, ambos os factores, poñelos en relación co número de habitantes para poder realizar as valoracións pertinentes. Tamén se rexistra a cantidade de compost que se produce na planta de Nostián, como produto derivado dos residuos urbanos orgánicos que se xeran.
Área temática RESIDUOS en formato Excel
Nº |
INDICADOR |
---|---|
2. SECTORES AMBIENTAIS CLAVE: RESIDUOS |
|
20 |
|
21 |
Distribución dos residuos que entran á planta de Nostián segundo orixe |
22 |
|
23 |
|
24 |
Enerxía
Os procesos enerxéticos son directamente responsables de gran parte das emisións contaminantes e de gases de efecto invernadoiro que recibe a atmosfera. Neste apartado, contabilizamos o consumo de gas natural por sectores de actividade, ademais de rexistrar a produción de enerxía eléctrica das plantas de biogás situadas no vertedoiro municipal de Bens e a planta de tratamento de residuos urbanos de Nostián.
Área temática ENERXÍA en formato Excel
Nº |
INDICADOR |
---|---|
2. SECTORES AMBIENTAIS CLAVE: ENERXÍA |
|
25 |
|
26 |
Calidade do Aire e Ruído
A contaminación do aire representa un importante risco ambiental para a saúde. É por iso que se fai necesaria a análise da calidade do aire ambiental local, así como as emisións de dióxido de carbono e outros contaminantes á atmosfera, como mostran os indicadores desta sección. Doutra banda, a contaminación por ruído nas nosas cidades está a aumentar e prexudicando as vidas de moitos cidadáns. Desta maneira, os indicadores que se mostran a continuación, mostran a porcentaxe de habitantes expostos a niveis de ruído globais (mañá, tarde, noite) e nocturno, así como a análise concreta dos niveis de ruídos en zonas acusticamente saturadas.
Área temática AIRE E RUÍDO en formato Excel
Nº |
INDICADOR |
---|---|
2. SECTORES AMBIENTAIS CLAVE: CALIDADE DO AIRE E RUÍDO |
|
27 |
Contribución per cápita ao cambio climático. Emisións de CO2 no municipio da Coruña |
28 |
Calidade do aire ambiental local |
29 |
|
30 |
Porcentaxe de habitantes expostos a niveis de ruído globais (Lden) superiores a 65 dB |
31 |
|
32 |
Niveis de ruído en zonas acusticamente saturadas (ZAS) |
Contorna litoral
Neste apartado, recóllese información sobre a calidade das augas de baño das praias, así como o diagnóstico ecolóxico e químico da ría da Coruña elaborado por Augas de Galicia. Analízase a calidade da auga da ría da Coruña en diferentes puntos de medición e leva un control das actividades nocivas para a nosa contorna litoral, tales como as verteduras non autorizadas efectuadas á canle da ría e derramamentos de hidrocarburos vertidos no Porto da Coruña.
Área temática CONTORNO LITORAL en formato Excel
Transporte e mobilidade
Neste apartado, contabilízanse o número de vehículos por cada mil habitantes, o número de prazas de aparcadoiro por cada cen turismos, a intensidade media diaria de tráfico nas principais vías da Coruña, así como o uso do transporte público municipal e do servizo Bicicoruña. Tamén se analiza a actividade nos distintos medios de transporte que dan acceso á cidade, número de pasaxeiros e transporte de mercadorías nas estacións de ferrocarril, o Porto da Coruña, a Estación de autobuses e o Aeroporto de Alvedro.
Área temática TRANSPORTE E MOBILIDADE en formato Excel
Espazo urbano
Neste apartado contabilízase a superficie de zonas verdes do municipio da Coruña e ponse en relación co número de habitantes para verificar se se cumpren os estándares mundiais de recomendación. Ademais, as áreas de xogo infantil e biosaudables proporcionan beneficios que reportan no benestar físico e emocional das persoas. Por este motivo, leva un seguimento non só do número de áreas de xogo infantil e biosaudables, senón da capacidade estimada que teñen en relación á poboación de referencia.
Área temática ESPAZO URBANO en formato Excel
Nº |
INDICADOR |
---|---|
4. ESPAZO URBANO |
|
51 |
|
52 |
Superficie de zonas verdes por habitante na Coruña |
53 |
Número de áreas de xogo infantil-biosaudables e capacidade estimada |
Sectores económicos
Contabilízanse as actividades económicas no municipio da Coruña, así como a súa distribución por sector de actividade e a taxa de peche. Analízase a distribución das empresas segundo a súa condición xurídica, sector de actividade principal e número de asalariados. O turismo tamén é un motor importante na economía dunha cidade como A Coruña, por iso, leva un seguimento do grao de ocupación hostaleira, a estadía media en establecementos hostaleiros, o número de cruceiristas e a cantidade de consultas presenciais efectuadas nas oficinas de turismo.
Área temática SECTORES ECONÓMICOS en formato Excel
Emprego
Analízase a distribución da poboación de dezaseis e máis anos segundo a súa relación coa actividade económica, a distribución da poboación ocupada por sector económico e situación profesional. leva un seguimento dos indicadores da taxa de paro, a taxa de actividade e a taxa de ocupación. Tamén constan os datos da poboación parada segundo sexo e idade, nivel académico e sección de actividade. A sinistralidade laboral segundo sexo e idade, nivel académico e sección de actividade económica tamén se atopa reflectida neste apartado.
Área temática EMPREGO en formato excel
Vivenda
Preséntanse os datos dispoñibles das principais fontes oficiais en canto ao número de vivendas construídas, principais, secundarias e desocupadas, así como vivendas en propiedade e en alugueiro. Tamén constan os datos do número de vivendas cualificadas de protección pública e o número de demandantes da mesma. Realízase un seguimento do prezo medio do metro cadrado da vivenda libre de menos e de máis de cinco anos de antigüidade. Así como os datos máis relevantes sobre rehabilitación e inspección técnica de edificios.
Área temática VIVENDA en formato excel
Educación
Recóllense datos da distribución da poboación coruñesa de dezaseis e máis anos segundo sexo e nivel de estudos, que nos permite calcular a taxa de analfabetismo por sexo no municipio da Coruña. leva un seguimento dos resultados obtidos a final de curso dos alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria de centros públicos e privados para valorar a porcentaxe deles que non promocionan. Outro dos aspectos que contabilizamos son o número de prazas autorizadas para o primeiro ciclo de Educación Infantil de iniciativa pública, privada ou social, poñéndoo en relación coa poboación á que vai dirixida para valorar se a oferta cobre a demanda existente.
Área temática EDUCACIÓN en formato excel
Sanidade e Saúde
Neste apartado contémplanse os principais indicadores de saúde da poboación: esperanza de vida segundo sexo, taxa de baixo peso ao nacer, taxa de mortalidade infantil e taxa de anos de vida potencialmente perdidos segundo sexo. Este último, permítenos coñecer a mortalidade prematura no municipio da Coruña. leva un seguimento do número de camas hospitalarias e dos recursos humanos sanitarios, poñéndoos en relación coa poboación coruñesa o que nos permite poder realizar comparativas.
Área temática SANIDADE E SAÚDE en formato Excel
Nº |
INDICADOR |
---|---|
6. CALIDADE DE VIDA: SANIDADE E SAÚDE |
|
100 |
Esperanza de vida ao nacer segundo o sexo |
101 |
|
102 |
|
103 |
|
104 |
|
105 |
Recursos humanos sanitarios en atención primaria por cada 10.000 habitantes |
Benestar social
Móstrase a distribución dos fogares segundo ingresos mensuais, grao de dificultade para chegar a fin de mes, así como a taxa de risco de pobreza. Contabilízase a poboación beneficiaria da Renda de Integración Social de Galicia e de Axudas de Inclusión Social segundo sexo, así como a poboación que recibe prestacións públicas contributivas e non contributivas segundo sexo e tipo de pensión. Tamén se contabiliza o número de prazas autorizadas en residencias de terceira idade e centros de día, de iniciativa pública, privada ou social; poñéndoo en relación coa poboación maior da cidade para dispoñer dos datos suficientes que nos permitan a valorar a oferta en función da demanda. Os últimos indicadores deste apartado teñen por obxecto coñecer a situación da violencia de xénero na Coruña, tratándose dos catro principais indicadores que manexa o Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial, analizando as denuncias interpostas nesta materia e as ordes de protección adoptadas.
Área temática BENESTAR SOCIAL en formato excel
Cultura e deporte
Neste apartado contabilízase o número de aboados nas instalacións deportivas municipais. Tamén se analiza a asistencia aos cinemas, teatros e museos presentes na cidade, cuxos datos se presentan desagregados por instalación.
Área temática CULTURA E DEPORTE en formato Excel
Nº |
INDICADOR |
---|---|
6. CALIDADE DE VIDA: CULTURA E DEPORTE |
|
121 |
Número de abonadas/os nas instalacións deportivas municipais |
122 |
Número de butacas de cinema na Coruña e asistencia anual por habitante |
123 |
Asistencia ao teatro por número de habitantes |
124 |
Seguridade cidadá
Analízase o número de infraccións penais rexistradas por cada mil habitantes segundo tipoloxía, o que nos permite calcular a Taxa de criminalidade no municipio da Coruña. Ademais calcúlase o grao de incumprimento das Ordenanzas municipais por cada mil habitantes. Rexístrase o número de accidentes de tráfico e as persoas feridas e falecidas nos mesmos. Contabilízase o número de intervencións do Servizo de bombeiros e a súa dedicación para extinguir incendios e achicar inundacións.
Área temática SEGURIDADE CIDADÁ en formato Excel
Información e participación cidadá
Este apartado leva un seguimento da participación electoral dos diferentes comicios: Parlamento Europeo, eleccións xerais, autonómicas e municipais. Analízase a representación feminina no Pleno Municipal e no persoal do Concello segundo grupo e subgrupo desempeñado. Dispóñense os datos do número de asociacións existentes no municipio da Coruña segundo tipoloxía, poñéndoas en relación coa poboación coruñesa. Contabilízanse as chamadas recibidas polo servizo de información e atención telefónica 010 e calcúlase a porcentaxe de chamadas atendidas dentro do horario, así como as peticións de información en liña respondidas. leva un seguimento das suxestións, reclamacións e incidencias tramitadas, e da porcentaxe de suxestións e reclamacións respondidas no prazo de tres meses desde a súa gravación no sistema.
Área temática INFORMACIÓN E PARTICIPACIÓN CIDADÁ en formato Excel
Nº |
INDICADOR |
---|---|
7. INFORMACIÓN E PARTICIPACIÓN CIDADÁ |
|
133 |
|
134 |
Participación electoral nas eleccións xerais |
135 |
|
136 |
|
137 |
|
138 |
|
139 |
|
140 |
|
141 |
Consultas ao servizo de información e atención telefónica á cidadanía |
142 |
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible