Concello da Coruña

Concello da Coruña

Diego Alejandro Hidalgo Calero

Director Metropolitano de Participación Cidadá do Municipio do Distrito Metropolitano de Quito

Diego Alejandro Hidalgo Calero

Avogado pola Universidade Internacional SEK do Ecuador, ten estudos de posgrao en Goberno e Xerencia Pública no Instituto de Asuntos Públicos da Universidade de Chile; bolseiro e Fellow do Programa de Liderado e Competencia Global (GCL) da Universidade de Georgetown, USA, fundador e presidente da Asociación Escola de Dereito da Universidade SEK do Ecuador desde o 2008 ao 2012.

Actualmente é Director Metropolitano de Participación Cidadá do Municipio do Distrito Metropolitano de Quito, desde o ano 2017. Previamente traballou como Coordinador Metropolitano de Participación Cidadá desde o ano 2015. Durante estes períodos desenvolveuse a nova Ordenanza Metropolitana de Participación Cidadá do Municipio de Quito, así como o seu regulamento e procesos dos mecanismos de participación cidadá de Quito. Desde o ano 2014 traballou como Coordinador da Unidade de Participación Cidadá no Ministerio de Xustiza, Dereitos Humanos e Cultos de Ecuador, e posteriormente como Director de Coordinación Interinstitucional e Proxectos co Sector Xustiza na mesma institución.

Durante o período universitario formou parte do Observatorio da Política Laboral como investigador, tempo no que se realizaron estudos de investigación sobre a situación laboral dos migrantes ecuatorianos en Nova York, USA; así como tamén sobre dereitos laborais das mulleres en Ecuador.

O 3 de marzo do 2016 o alcalde do municipio do Distrito Metropolitano de Quito, Mauricio Rodas Espinel, sancionou e promulgou a Ordenanza Metropolitana 102 (OM102) que promove e regula o Sistema Metropolitano de Participación Cidadá e Control Social, xerando novos mecanismos de participación que implican cambios importantes tanto na xestión interna municipal como na xestión coa cidadanía. Esta normativa, enfocada nun sistema integral e articulado de participación cidadá, xerouse principalmente coa finalidade de crear procesos metodolóxicos claros, efectivos e eficientes nos orzamentos participativos da cidade, que decantan nunha planificación participativa coordinada, gradual e secuencial a executarse cada ano. É así como, na actualidade, mediante a emisión anual dun instrutivo de orzamentos participativos desenvolvido desde o 2015, a cidadanía exerceu o seu dereito á participación mediante un proceso deliberativo e vinculante, a través do mecanismo de asembleas cidadás, decidindo cada ano sobre máis de $23 millóns de dólares. Con este proceso, logrouse unha execución anual dos orzamentos participativos, que supera o 87%. Trouxo beneficios importantes para a xestión local, xa que xeran un uso eficiente dos recursos públicos, así como a execución de máis de 2250 obras e proxectos sociais acordes ás necesidades da cidadanía e polo tanto da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión