Concello da Coruña

Concello da Coruña

Enrique Ujaldon

Secretario Xeral da Consellería de Transparencia e Participación da Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia

Enrique Ujaldon

Enrique Ujaldón Benítez é Secretario Xeral da Consellería de Transparencia e Participación da Comunidade Autónoma da Región de Murcia, que foi a primeira en pór en marcha unha experiencia de orzamentos participativos de nivel autonómico.

Esta iniciativa foi recoñecida como boa práctica de participación cidadá no III Plan de Goberno Aberto para o período 2017-2019 que o Goberno de España presentou á Alianza polo Goberno Aberto (Open Government Partnership). A OGP é unha organización internacional composta por gobernos e sociedade civil que axuda a que os gobernos desenvolvan medidas para avanzar na participación e a transparencia, certificando o seu cumprimento. Trátase do único compromiso incluído neste plan que será desenvolvido por unha comunidade autónoma.

Ata o momento, realizáronse dúas edicións deste proceso, correspondentes aos orzamentos de 2017 e 2018. Para o exercicio de 2019, de acordo co plan de Goberno Aberto da CARM recentemente aprobado, previuse realizar unha serie de actividades complementarias destinadas a mellorar a participación nestes orzamentos participativos e potenciar a adquisición de valores democráticos, como favorecer o voto das persoas maiores ou do alumnado de ESO, Bacharelato e FP de grao medio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión