Concello da Coruña

Concello da Coruña

João Pedro Vieira

Concelleiro de Democracia Participativa no municipio de Funchal (Madeira – Portugal)

João Pedro Vieira

João Pedro Vieira, 28 anos, mestre en Medicina pola Facultade de Medicina da Universidade de Lisboa, exerceu funcións como Médico Interno de Saúde Pública até outubro de 2017. Exerceu diversos cargos de representación dos Estudantes na Facultade de Medicina, onde integrou o Consello Pedagóxico, e na Universidade de Lisboa, nomeadamente o de Presidente da Asociación Académica da Universidade de Lisboa. Foi membro da Asemblea de Representantes da Orde dos Médicos e integrou a 1ª edición do Health Parliament Portugal. Actualmente é Concelleiro do Concello do Funchal con responsabilidades en Protección Civil e Bombeiros, Mercados Municipais, Fiscalización Municipal, Deporte e Xuventude, Democracia Participativa e Cidadanía.

O Orzamento Participativo Funchal é un mecanismo de promoción da democracia participativa que lle permite á cidadanía presentar propostas de investimento público e decidir sobre propostas para o orzamento municipal. Ao aplicar este proceso preténdese fortalecer a democracia local, ampliar a transparencia da administración municipal, reforzar a cidadanía, recriar os lazos de confianza entre o goberno autónomo e a poboación e xerar sinerxías en prol do desenvolvemento máis harmonioso do territorio. Funchal! cidade democrática, áxil, transparente e participativa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión