Concello da Coruña

Concello da Coruña

Manuel Varela Mecías

Concelleiro de Participación Veciñal no concello de San Sadurniño

Manuel Varela Mecías

Nado en Fene no ano 1959 e veciño de San Sadurniño desde o ano 1987. Técnico de organización en Navantia (antiga Bazán),  na que traballo desde o ano 1976.

Levo uns 40 anos participando e colaborando con diferentes entidades.  A miña primeira colaboración foi co Movemento de Obxección de Conciencia (MOC), cofundador dunha cooperativa de produtores de mel, directivo da ANPA do CPI de San Sadurniño e da AVV O Castelo de Naraío, e socio colaborador de entidades vinculadas ao sector primario: AGFA e A Cortiña.

Preséntome polas listas do BNG ás eleccións municipais de San Sadurniño no ano 1991. Entro na Corporación Municipal pola lista do BNG no ano 1999.

Desde o ano 2007 formo parte do Goberno Municipal, levando ao longo de dúas lexislaturas as áreas de Cultura e Participación Veciñal, e desde o ano 2015 responsable de Desenvolvemento Local, Participación Veciñal e Xestión Interna.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión