Concello da Coruña

Concello da Coruña

Pedro del Cura

Alcalde de Rivas Vaciamadrid

Pedro del Cura Sánchez é alcalde de Rivas Vaciamadrid desde 2014.

Licenciado en Pedagoxía pola UNED e Mestrado universitario en Psicoloxía do Traballo e das Organizacións da Universidade Complutense de Madrid.

Entrou en tarefas de Goberno en 2003, como concelleiro de Infancia e Mocidade. De 2007 a 2011, exerceu como terceiro tenente de alcalde, coordinando a área de Políticas Sociais, foi o concelleiro de Educación, Mocidade e Infancia, Servizos Sociais, Inmigración, Igualdade e Integración Social. Na lexislatura de 2011 a 2015 continuou no equipo de goberno de Esquerda Unida con maioría absoluta nas eleccións municipais de 2011. Neste período foi coordinador da área de Acción Social, Igualdade e Participación coa responsabilidade nas concellarías de Educación, Infancia e Mocidade, Participación Cidadá e Cooperación. En maio de 2014, asume a Alcaldía no Concello de Rivas, tras a dimisión de José Masa. En maio do 2015, tras gañar as eleccións municipais, sae elixido alcalde. Actualmente tamén é membro da Asemblea Política e Social de Esquerda Unida Federal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión