Concello da Coruña

Concello da Coruña

Virginia Gutiérrez Barbarrusa

Profesora da Universidade Pablo Olavide

Virginia Gutiérrez Barbarrusa

Profesora Asociada do Departamento de Socioloxía da Universidade Pablo de Olavide. Docente e relatora en cursos, xornadas e seminarios sobre Orzamentos Participativos.

Coordinadora dos orzamentos participativos de Sevilla e Deputación de Málaga (entre 2003 e 2011) e El Puerto de Santa María (2016-2017). Asesora na elaboración da Lei de Participación Cidadá de Andalucía (2012-2015). Asesora na elaboración participada de diferentes plans e políticas públicas no ámbito local: Avance de Estratexias de Desenvolvemento Urbano e Social Integrado (EDUSI) de Bollullos de la Mitación, Plans de Vivenda de Bollullos de la Mitación e de Bormujos a través de Habitat4 -Taller, e do Plan de Inclusión Social de San Juan de Aznalfarache para Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP). Ten publicados diversos artigos e colaborou en distintas investigacións sobre participación cidadá, metodoloxías participativas e orzamentos participativos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión