Concello da Coruña

Concello da Coruña

Yago Bermejo Abati

Responsable do Laboratorio de Intelixencia Colectiva para a Participación Democrática

Yago Bermejo Abati

Yago Bermejo é o responsable do Laboratorio de Intelixencia Colectiva para a Participación Democrática (@Participa_Lab) así como coordinador do proxecto de Medialab-Prado coa área de Participación Cidadá, Transparencia e Goberno Aberto da cidade de Madrid. O laboratorio vén acompañando os procesos de participación dixital que suceden na cidade de Madrid ao redor da plataforma aberta decide.madrid.es. O seu traballo céntrase na investigación colaborativa para impulsar a democracia directa e deliberativa mediante novas ferramentas e procesos híbridos (redes dixitais e espazos presenciais).

Anteriormente Yago traballou en LaboDemo, colectivo que fundou posteriormente ao movemento 15M xunto a diferentes activistas. Cabe destacar a importante colaboración de LaboDemo co partido Podemos no cal se impulsou unha estratexia de participación baseada en novas ferramentas dixitais con decenas de miles de cidadáns involucrados. Tamén resaltar a colaboración co proxecto da Comisión Europea D-Cent para o deseño de ferramentas para a elaboración de leis de maneira masiva e distribuída. Algúns outros escenarios nos que participou como relator e mentor son o g0v.tw Summit en Taiwan, Future Innovation Forum en Corea do Sur ou o LABICBR en Río de Janeiro, organizado este último polo SEGIB (Secretaría Xeral Iberoamericana).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión