Concello da Coruña

Concello da Coruña

Graza Fonseca

Secretaria de Estado Adxunta e da Modernización Administrativa, Goberno de Portugal

Secretaria de Estado Adxunta e da Modernización Administrativa, naceu en Lisboa en 1971. A súa vida está moi ligada á capital. Foi aí que se doutorou en Socioloxía, polo ISCTE, Instituto Universitario de Lisboa, e onde se licenciou en Dereito, pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa. O seu mestrado en Socioloxía foi feito na Facultade de Economía da Universidade de Coímbra. Entre 1996 e 2000 foi Investigadora do Centro de Estudos Sociais da Facultade de Economía da Universidade de Coímbra.

Alén diso, algunha da súa experiencia política resulta tamén da súa pasaxe polo Concello de Lisboa. Foi Concelleira con responsabilidades en Economía, Innovación, Educación e Reforma Administrativa, entre 2009 e 2015.

O Goberno non é unha novidade para Graza Fonseca. Exerceu funcións como Xefa de Despacho do Ministro de Estado e da Administración Interna e do Secretario de Estado da Xustiza no XVII Goberno Constitucional (2005-2008). Foi tamén Directora Adxunta do Despacho de Política Lexislativa e Planificación do Ministerio da Xustiza entre 2000 e 2002.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión