O Plan de Pago Personalizado é unha modalidade de pago a través da cal se poderán facer efectivas, anticipada e fraccionadamente, determinadas débedas tributarias de vencemento periódico incluídas nun plan de pago, domiciliándoas nunha entidade financeira. No caso de que a persoa solicitante inclúa neste sistema o Imposto sobre Bens Inmobles e o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica será bonificada, nestes impostos, cun 3% sobre a cota íntegra.
Tributos acollidos ao Plan de Pago Personalizado
De acordo co artigo 20.6 c) da Ordenanza Xeral de Recadación os tributos de vencemento periódico que se poden acoller ao Plan de Pago Personalizado son os seguintes:
Requisitos
Modalidades de fraccionamento
As cotas fraccionadas pola débedas tributarias incluídas no Plan de Pago Personalizado distribuiranse en dúas, tres, catro, cinco ou seis cotas a elección da persoa solicitante. Estes ingresos anticipados terán carácter de pago a conta e faranse efectivos nas datas que correspondan segundo o cadro seguinte:
1º pago |
2º pago |
3º pago |
4º pago |
5º pago |
6º pago |
|
2 cotas 2 cuotas |
1 de marzo 1 de marzo |
1 de outubro 1 de octubre |
||||
3 cotas 3 cuotas |
1 de marzo 1 de marzo |
1 de xullo 1 de julio |
1 de outubro 1 de octubre |
|||
4 cotas 4 cuotas |
1 de marzo 1 de marzo |
2 de maio 2 de mayo |
1 de xullo 1 de julio |
1 de outubro 1 de octubre |
||
5cotas 5 cuotas |
1 de marzo 1 de marzo |
2 de maio 2 de mayo |
1 de xullo 1 de julio |
1 de setembro 1 de septiembre |
1 de outubro 1 de octubre |
|
6 cotas 6 cuotas |
1 de marzo 1 de marzo |
2 de maio 2 de mayo |
1 de xullo 1 de julio |
1 de agosto 1 de agosto |
1 de setembro 1 de septiembre |
1 de outubro 1 de octubre |
Como pode efectuar a solicitude?
De forma presencial nos rexistros municipais:
Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello. A través do Rexistro Telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.
Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Pazos de presentación de solicitudes
Preguntas frecuentes
Podo elixir os recibos que entran no meu plan?
Non, vostede poderá elixir que tributo ou tributos inclúe na cesta, pero non pode discriminar, dentro de cada tributo, que recibos entran no Plan de Pago xa que se inclúen todos. Por exemplo, se ten 3 recibos de IBI terán que incluírse os 3, non hai opción de que poida incluír 2 e excluír 1.
Quen o solicita?
Débeo solicitar a persoa titular da conta bancaria onde se realicen os cargos, aínda que non sexa titular dos recibos.
Quen se pode acoller ao plan?
A/o titular dos recibos, xa que o cálculo de cotas realízase sobre o 95% dos recibos emitidos no ano anterior.
Pódome acoller ao plan se teño débedas co Concello?
Non, neste caso debe aboar as débedas pendentes para poder acollerse ao plan.
É conveniente acollerme ao plan se vou pedir unha bonificación?
Non é conveniente. Se solicitou unha bonificación esta non se aplicará nas cotas ata a última delas (outubro), polo que o cargo que se realice xa na primeira cota pode ser superior ao importe final para pagar.
Que pasa se non atendo a primeira cota?
Se non se atende a primeira cota (1 de marzo), queda excluído do sistema e o importe da débeda faise efectivo, sen recarga, nos períodos ordinarios de pago.
Que pasa se non atendo a última cota?
Se non atende a última cota iníciase o período executivo pola débeda pendente.
Hai cotas mínimas para acollerme ao Plan de Pago Personalizado?
Non, coa modificación da Ordenanza xeral de recadación que entrou en vigor o 29 de decembro de 2016, elimináronse as cotas mínimas.
Teño que presentar a solicitude selada pola entidade bancaria?
Se é un tributo que xa ten domiciliado abonda con que poña na solicitude que xa está domiciliado. No caso de que non o estea deberá presentar a solicitude co selo da entidade bancaria.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible