Procedemento de concesión, previo cumprimento dos requisitos esixidos, de beneficios fiscais na taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de lixos e residuos sólidos urbanos. Os beneficios fiscais clasifícanse en exencións (a pesar de que se realiza o feito impoñible a lei exime do cumprimento da obrigación tributaria principal) e bonificacións (porcentaxe de desconto a aplicar sobre a cota íntegra).
EXENCIÓNS:
BONIFICACIÓNS:
Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, o beneficio fiscal, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades referidas no artigo 35.4 da Lei 58/2003 que sexan suxeitos pasivos do imposto.
A solicitude pódese realizar ao longo do exercicio, con todo, e de acordo co establecido no art. 19.2 da Ordenanza xeral de xestión, a aplicación dos beneficios fiscais en tributos locais requirirá a petición escrita da parte interesada e producirán efectos, ao tratarse dun tributo de devindicación periódico, desde a devindicación inmediata seguinte a ela, sempre que no devandito momento se reúnan os requisitos esixidos para o seu gozo.
Documentación a achegar para os beneficiarios de RISGA ou réximes protectores de carácter público análogos (E.1)
Documentación a achegar nas tarifas reducidas (E.2 e B.1):
Documentación a achegar para bonificación de familia numerosa ou monoparental:
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe achegar a documentación que se indica en cada unha das modalidades de exención ou bonificación.
A través do Rexistro telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc)
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Si
O prazo máximo en que se debe notificar a resolución será de 6 meses que se contarán desde a data en que o documento de solicitude tivese entrada no Rexistro xeral do Concello da Coruña (art. 104 da Lei xeral tributaria e art. 67 da Ordenanza xeral de xestión). Cando se produza a paralización do procedemento por causa imputable ao interesado, a Administración municipal advertirao de que, transcorridos 3 meses, poderá declarar a súa caducidade.
- Contra a resolución de concesión/denegación do beneficio fiscal poderanse interpoñer os seguintes recursos:
Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.
Reclamación económico-administrativa. Contra a desestimación do recurso de reposición ou ante a ausencia de resolución expresa no prazo dun mes desde a súa interposición, poderá presentar a reclamación económico-administrativa, que terá carácter preceptivo previo ao recurso contencioso administrativo, prevista no art. 137 da Lei 7/85, ante o Tribunal Económico Administrativo Municipal, en idéntico prazo dun mes.
Ambos os recursos non poderán ser simultáneos. De se producir esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da Lei 58/2003).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible