Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taxa por prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos. Solicitude de beneficios fiscais

En que consiste?:

Procedemento de concesión, previo cumprimento dos requisitos esixidos, de beneficios fiscais na taxa pola prestación do servizo de recollida e tratamento de lixos e residuos sólidos urbanos. Os beneficios fiscais clasifícanse en exencións (a pesar de que se realiza o feito impoñible a lei exime do cumprimento da obrigación tributaria principal) e bonificacións (porcentaxe de desconto a aplicar sobre a cota íntegra).

EXENCIÓNS:

  • Os beneficiarios da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e os acollidos a réximes protectores de carácter público análogos ao mencionado tales como a renda activa de inserción (RAI), renda social municipal (RSM), ingreso mínimo vital ou se a unidade convivencial está formada por unha soa persoa a pensión non contributiva (PNC) (Ord. Fiscal nº 6 art. 4).
  • Os suxeitos pasivos que acrediten que os ingresos familiares/unidade convivencial non pasan o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples).

BONIFICACIÓNS:

  • Bonificación do 75% na tarifa de vivendas para suxeitos pasivos que acrediten que os ingresos familiares/unidade convivencial obtidos por calquera concepto non pasan a cantidade resultante de multiplicar 1,5 polo Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM). (art. 4 OF nº 6).
  • Bonificación do 50% na tarifa de vivendas para suxeitos pasivos que sexan propietarios da vivenda e titulares da condición de familia numerosa ou familia monoparental. Esta última bonificación tamén é aplicable na tarifa da subministración e da utilización da auga potable (factura da auga).

A quen vai dirixido?:

Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, o beneficio fiscal, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades referidas no artigo 35.4 da Lei 58/2003 que sexan suxeitos pasivos do imposto.

Prazo de presentación:

A solicitude pódese realizar ao longo do exercicio, con todo, e de acordo co establecido no art. 19.2 da Ordenanza xeral de xestión, a aplicación dos beneficios fiscais en tributos locais requirirá a petición escrita da parte interesada e producirán efectos, ao tratarse dun tributo de devindicación periódico, desde a devindicación inmediata seguinte a ela, sempre que no devandito momento se reúnan os requisitos esixidos para o seu gozo.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Documentación a achegar para os beneficiarios de RISGA ou réximes protectores de carácter público análogos (E.1)

  • Os beneficiarios da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e os acollidos a réximes protectores de carácter público análogos ao mencionado (art. 4 of Nº 6):
    • Certificación de estar incluído no programa social de que se trate (RISGA, RAI, PNC,RSM...). No caso de que se trate de perceptores de RISGA bastará con que non se opoñan á consulta por parte desta administración, de opoñerse deberán presentar a documentación esixida
    • Factura que acredite a titularidade do contrato de subministración de auga con EMALCSA.

Documentación a achegar nas tarifas reducidas (E.2 e B.1):

  • Factura que acredite que é titular do contrato de subministración de auga con EMALCSA.
  • Copia da declaración do IRPF dos membros da unidade de convivencia correspondente ao último exercicio ou autorización por escrito segundo o modelo oficial dispoñible para efectuar a consulta por parte desta administración municipal ante a AEAT, aínda que non teñan a obriga de presentar a declaración da renda
  • No caso de que algún ou algúns membros da unidade convivencial sexa perceptor dalgunha pensión/prestación/subsidio deberá acreditalo mediante a presentación do correspondente certificado
  • Se algún ou algúns membros da unidade convivencial fose perceptores dunha prestación por incapacidade ou prestación do Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE) como demandante de emprego bastará con que non se opoñan á consulta por parte desta administración, de opoñerse deberán presentar a documentación esixida

Documentación a achegar para bonificación de familia numerosa ou monoparental:

  • Factura que acredite que é titular do contrato de subministración de auga con EMALCSA.
  • Título de familia numerosa ou monoparental.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro xeral. Enderezos:
    • Concello da Coruña. Praza de María Pita, 1. C.P. 15001 A Coruña
    • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos, 1. C.P. 15006 A Coruña
    • Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña
    • Rexistro Área Económica. Rúa da Franxa, 21-22. C.P. 15001 A Coruña
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do concello
  • Nos demais supostos do art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Internet

Que se necesita?:

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe achegar a documentación que se indica en cada unha das modalidades de exención ou bonificación.

Como se fai?:

A través do Rexistro telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc)

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitación telemática

Certificado dixital:

Si

Teléfono

Máis información:

O prazo máximo en que se debe notificar a resolución será de 6 meses que se contarán desde a data en que o documento de solicitude tivese entrada no Rexistro xeral do Concello da Coruña (art. 104 da Lei xeral tributaria e art. 67 da Ordenanza xeral de xestión). Cando se produza a paralización do procedemento por causa imputable ao interesado, a Administración municipal advertirao de que, transcorridos 3 meses, poderá declarar a súa caducidade.

- Contra a resolución de concesión/denegación do beneficio fiscal poderanse interpoñer os seguintes recursos:

Recurso de reposición. Con carácter previo e potestativo o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación.

Reclamación económico-administrativa. Contra a desestimación do recurso de reposición ou ante a ausencia de resolución expresa no prazo dun mes desde a súa interposición, poderá presentar a reclamación económico-administrativa, que terá carácter preceptivo previo ao recurso contencioso administrativo, prevista no art. 137 da Lei 7/85, ante o Tribunal Económico Administrativo Municipal, en idéntico prazo dun mes.

Ambos os recursos non poderán ser simultáneos. De se producir esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da Lei 58/2003).

Documentos relacionados

  • mod 044 Solicitude de beneficios fiscais de lixo (105 KB)
  • Autorización Renda Beneficios Fiscais Taxa de recollida e tratamento RSU (58 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión