Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Constitúe o feito impoñible a transmisión mortis causa da titularidade dunha concesión dunha sepultura nos cemiterios municipais de Santo Amaro, Santa María de Oza e Feáns-Mesoiro.
As ordenanzas fiscais de aplicación son a ordenanza fiscal 9 (epígrafe 2 do artigo 6) e a ordenanza fiscal 1(epígrafe 1.6. e epígrafe 1.3.4 do artigo 6)
A quen vai dirixido?:
1. Son obrigados tributarios contribuíntes os solicitantes.
2. Serán responsables da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire os artigos 42 e 43 da Lei xeral tributaria.
Tarifas de transmisións por herdanza (inclúense os pactos sucesorios)
Concepto
O.Fiscal 9
O.Fiscal 1
(por exame de documentos)
O.Fiscal 1
( pola resolución)
Total
Mausoleo ou panteón
67,71€ m2
12,89 €
20,28 €
100,88 €
Sepultura subterránea
46,28€ m2
12,89 €
2,54 €
61,71 €
Nicho
34,24€
12,89 €
2,54 €
49,67 €
Cinceiro
16,37€
12,89 €
2,54 €
31,80 €
Nos mausoleos, panteóns e sepulturas subterraneas a tarifa da O. Fiscal 9 reflectida corresponde a un m2 . É necesario multiplicar esta cantidade polo número de m2 totais. Se descoñece este dato pode consultalo no departamento de cemiterios.
Canles de presentación
Presencial
Que se necesita?:
As autoliquidacións de taxas e impostos municipais, de maneira presencial, realízanse nas oficinas da Franxa, na Unidade de Rexistro e Información ás persoas físicas que resulten contribuíntes.
Deberá contar tamén cos datos necesarios que lle permitan escoller a tarifa correspondente.
Pode realizar unha autoliquidación a nome de terceiras persoas, lembre que debe contar coa súa autorización expresa e ter dispoñible o número de NIF do terceiro en nome de quen actúe.
TIPO DE INGRESO: CEMITERIOS MUNICIPAIS - FUNERARIAS
Debe seleccionar a opción autoliquidación (simulación se non quere xerar documento de pago, mostra a cantidade para aboar).
A data de devindicación deberá coincidir co día no que se tramita a solicitude/autoliquidación.
Introduza o núm. de permisos/ licenzas para a mesma tarifa.
Seleccione a tarifa, dependendo do tipo de enterramento (no caso de mausoleos e panteóns, actualmente non é posible xerar telematicamente a autoliquidación por depender a tarifa da superficie destes):
Transmisións mortis causa (herdanza) de nicho (34,24 €)
Transmisións mortis causa (herdanza) de cinceiro (16,37 €)
Pode engadir unha nova entrada, no caso de querer incluír outro tipo de tarifa na mesma carta de pago.
Premendo en "Calcular" obterá o importe total.
Finalmente coa opción "Gardar" xérase a liquidación e o correspondente documento de pago.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible