O Concello da Coruña eleva a consulta pública previa o proxecto da nova Ordenanza xeral e de bases reguladoras xerais das subvencións do Concello da Coruña e dos seus organismos públicos, que se prevé que entre en vigor no presente ano 2022.
O artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fai referencia á participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas con rango de lei e regulamentos. No seu apartado primeiro establece: "Con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, substanciarase unha consulta pública".
Por conseguinte, a cidadanía poderá achegar as súas suxestións respecto da nova normativa municipal que se prevé aprobar a través deste formulario habilitado na sede electrónica municipal e para iso disporá dun prazo de 1 mes (contado a partir do 16.06.2022 e que finalizará o 15.07.2022, ambos incluídos).
Este proxecto de ordenanza ten por obxecto principal, dentro do marco legal vixente, abordar unha regulación municipal integral do réxime de subvencións e axudas públicas de competencia do Concello da Coruña e dos seus organismos públicos, así como establecer as bases xerais que deben de rexer as correspondentes convocatorias, evitando así a excesiva dispersión normativa naqueles aspectos que na materia deben de ter unha regulación común ou homoxénea.
Esta regulación de carácter xeral deberá de garantir a maior claridade normativa, a simplificación e redución de cargas administrativas, a axilidade e a eficiencia na tramitación das axudas e subvencións municipais. Substituirá, con carácter ordinario, ás ordenanzas municipais reguladoras dos diferentes sectores de actividade, procedéndose á súa derrogación expresa, sen prexuízo daquelas que manteñan a súa vixencia en orde ao seu alcance ou especialización, nas que esta ordenanza terá en todo caso carácter supletorio.
Achégase como anexo a resolución relativa a esta consulta previa, na que se detallan os antecedentes, necesidades a satisfacer e obxectivos, entre outras cuestións, que se perseguen coa aprobación desta nova ordenanza municipal do Concello da Coruña.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible