Presentando a oportuna solicitude, dirixida á Unidade de Licenzas de Uso de Dominio Público, en calquera oficina de rexistro municipal ou a través dos outros lugares previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
En aplicación do artigo 14.2 da devandita lei, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica, sempre que se configurase este procedemento na plataforma: a) As persoas xurídicas. b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de persoas propietarias etc.). c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís. d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.
En caso de alta deberá achegar a autoliquidación aboada en concepto de depósito previo, para o que deberá acudir ao edificio dos Servizos Económicos, situado na rúa Franxa, núm. 20.
Á hora de solicitar a baixa deberá entregar a placa de vao ante a Unidade de Licenzas de Uso de Dominio Público situada na rúa Cabaleiros, 21 (Estación de Autobuses).
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible