Segundo o art. 12.3 da Ordenanza municipal núm. 53, xunto coa declaración achegarase o documento no que conste o acto que orixina o imposto. En concreto, nas transmisións mortis causa deberase presentar, xunto co impreso de autoliquidación, a escritura de adxudicación de herdanza ou, na súa falta, declaración de bens presentada para o Imposto de Sucesións e Doazóns. Neste último caso deberase achegar ademais o testamento ou declaración de herdeiros se non houber testamento, o certificado de últimas vontades, así como os títulos de adquisición polo causante dos terreos transmitidos. No caso dunha transmisión inter vivos, deberase presentar o documento privado ou público no que se recolla a realización do feito impoñible, por exemplo a escritura de compravenda.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible