Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Declaración de alta, baixa ou variación na taxa de recollida de lixo industrial e vaos

En que consiste?:

Declaración de Alta, Baixa ou Variación no censo da taxa por recollida e tratamento de residuos en actividades económicas (Lixos Industriais). É obrigatoria a presentación da declaración de Alta na taxa de lixos en locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais ou artísticas, de acordo co establecido no artigo 2 da Ordenanza fiscal nº 6.

Importante: Os lixos de domicilios xestiónanse a través do recibo da Empresa Municipal de Augas da Coruña, S.A., pode obter información sobre tarifas, altas e baixas de subministración, cambios de titularidade e demais xestións na web de EMALCSA.

Declaración de Alta, Baixa ou Variación no censo da taxa por entrada de vehículos. É obrigatoria a declaración de alta cando exista utilización privativa ou aproveitamento como entrada de vehículos en inmobles de calquera destino, realizada a través de terreos destinados ao uso público.

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que ocupen ou utilicen os locais ou establecementos situados nos lugares ou vías públicas en que se preste o servizo de recollida e tratamento xa sexa a título de propietario ou arrendatario.

No caso dos vaos, o solicitante da licenza correspondente ou se o aproveitamento se realizase sen obter licenza, o propietario do inmoble ou da empresa que utilice a entrada ou reserva.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Enderezo:

Rúa Franja 20. 15001 A Coruña

Canles de presentación

  • Presencial

    Presencial

    Que se necesita?:

    • Impreso de solicitude que se adxunta na información relacionada.
    • No caso de persoas xurídicas debe acreditar a representación (poder notarial ou orixinal de escritura da sociedade onde conste a debida representación).
    • No caso de persoas físicas que actúen mediante representante poder notarial ou autorización asinada por representante e representado e copia do NIF do representado.
    • Orixinal do documento acreditativo do alta, baixa ou variación no censo de Actividades Económicas.
    • No caso dos vaos, resolución da licenza que autorice o aproveitamento.

    Como se fai?:

    • De forma presencial no Rexistro Xeral. Enderezos:
      • Concello da Coruña. Praza de María Pita nº 1. C.P. 15001 A Coruña.
      • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos nº 1. C.P. 15006 A Coruña.
      • Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela nº 17 C.P. 15010 A Coruña.
      • Rexistro Área Económica. Rúa da Franxa nº 20. C.P. 15001 A Coruña.
    • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
    • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas
  • Internet

    Internet

    Páxina web:

    Tramitar en liña

    Que se necesita?:

    Na tramitación telemática deberá achegar a seguinte documentación escaneada:

    • Impreso de solicitude que se adxunta na información relacionada.
    • No caso de persoas xurídicas debe acreditar a representación (poder notarial ou o orixinal de escritura da sociedade onde conste a debida representación).
    • No caso de persoas físicas que actúen mediante representante, poder notarial ou autorización asinada por representante e representado e copia do NIF do representado.
    • Orixinal do documento acreditativo do alta, baixa ou variación no censo de Actividades Económicas.
    • No caso dos vaos, resolución da licenza que autorice o aproveitamento.

    Como se fai?:

    A través da Sede electrónica con certificado dixital.

    En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

    a) As persoas xurídicas.

    b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc).

    c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

    d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

    Certificado dixital:

    Si

Documentos relacionados

  • Impreso de alta, baixa ou variación de recollida de lixos e vaos (137 KB)

Solicitude presencial

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible