117LCOV
Telemático, Presencial
Descarga e envío do formulario
Tributario
Facenda
Si
Procedemento de devolución por rateo da taxa de lixo por cesamento de actividade por mor da declaración do primeiro estado de alarma do exercicio 2020.
Devolución por rateo da Taxa de Lixo 2020, cesamento de actividade por estado de alarma (Mod.117)
Están lexitimadas para solicitar, ben por si mesmas ou por medio de representante, o beneficio fiscal, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 que sexan suxeitos pasivos da taxa por prestación do servizo de recollida e tratamento de lixos e residuos sólidos urbanos.
Utilizarase este procedemento para solicitar a devolución da taxa que se devindicase durante o peche consecuencia do primeiro estado de alarma, e para os epígrafes especificados.
Actividades que poden beneficiarse da devolución por rateo da taxa de lixos: (abrir o despregable)
COMERCIO
HOSTALERÍA
Ningún
Titular da Dirección de Área de Economía de Facenda e Réxime Interior
Forma de tramitación: declaración responsable.
Normativas relacionadas
Documentos relacionados
Os documentos especificados no apartado "Documentacion necesaria", para o beneficio fiscal que se vai solicitar.
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Unha vez cuberta a solicitude telemática (modelo 117) debe ter preparados os ficheiros que necesite, segundo se especifíca no apartado "Documentación necesaria".
No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
A través desta Sede electrónica municipal.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
IMPORTANTE:
Antes de aceptar continuar con esta tramitación, asegúrese de ter no seu ordenador o Modelo 117 de solicitude devolución taxa lixo COVID-19, dispoñible nesta mesma páxina, debidamente cuberto, xa que deberá achegalo a continuación.
Para que a súa solicitude sexa tramitada deberá achegar, ademais do citado Modelo 117, a documentación xustificativa do tipo de beneficio solicitado que se indica no apartado "Documentación necesaria".
O prazo máximo en que debe notificarse a resolución será de 6 meses que se contará desde a data en que o documento de solicitude tivese entrada no rexistro xeral do Concello da Coruña (art. 104 da Lei xeral tributaria e art. 67 da *Ordenanza xeral de xestión*). Cando se produza a paralización do procedemento por causa imputable ao interesado, a Administración municipal advertirao/a de que, transcorridos 3 meses, poderá declarar a súa caducidade.
Desestimatorio
Contra a Resolución de concesión/denegación do beneficio fiscal poderanse interpoñer os seguintes recursos:
Non se poderán simultanear ambos os recursos, de producirse esta situación tramitarase o presentado en primeiro lugar e declararase inadmisible o segundo (art. 222 da Lei 58/2003)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible