A reclamación económico-administrativa é un medio para impugnar os actos de aplicación dos tributos (xestión, inspección e recadación) e de imposición de sancións tributarias que realice a administración municipal e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes dela, e os concesionarios de servizos públicos aos que se encomendou a exacción dalgunha taxa ou prezo público. Polo procedemento xeral tramítanse reclamacións de contía superior a 600 euros.
Quen estea obrigado tributariamente e quen sexa suxeito infractor. Calquera outra persoa cuxos intereses lexítimos resulten afectados polo acto ou a actuación reclamable. Cando se actúe mediante unha persoa representante, deberase achegar a documentación que a acredita.
Ayuntamiento
Un mes que se contará desde a recepción da notificación do acto reclamado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.
Reclamación económico-administrativa: escrito de interposición que debe incluír:
- Nome, DNI da persoa interesada, así como da representante, cando se actúe a través dela
- Domicilio para os efectos de notificacións
- Indicación de que se presenta unha reclamación económico-administrativa
- Órgano ao que se dirixe (o/a autor/a do acto reclamado)
- Manifestación de que se remita ao TEAM da Coruña
- Solicitude de que se teña por interposta a reclamación. No caso de que se solicite telematicamente a través da sede electrónica, mediante o formulario web ao que se acceda.
Copia do acto que se impugna: copia do acto que se impugna
Documentos identificadores: cando se actúe mediante representante, deberase achegar a documentación que a acredite
Outros documentos ou probas: alegacións e probas que considere oportunas
Unha vez cuberta a solicitude telemática debe achegar a documentación que se indica en formato PDF.
A través da Sede electrónica.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:
a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de persoas propietarias etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
Si
Recursos:
- Contencioso-administrativo.
- De anulación ante o propio TEAM cando se declarou a inadmisibilidade ou o arquivo da reclamación, cando se declararon inexistentes as alegacións ou probas presentadas e cando se alegue a existencia de incongruencia completa e manifesta da resolución.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible