Concello da Coruña

Concello da Coruña

Punto de información catastral - P.I.C.

Os Puntos de Información Catastral son oficinas autorizadas pola Dirección Xeral do Catastro en distintas organizacións públicas e institucións, fundamentalmente en concellos, onde a cidadanía pode acceder á información catastral.

De acordo co Convenio subscrito coa Dirección Xeral do Catastro, o Concello da Coruña ofrece á cidadanía este servizo nas oficinas municipais:

Servizo de Xestión Tributaria - Unidade de Información e Rexistro

Rúa da Franxa nº 20, 1ª planta

15001 - A Coruña

Horario de atención ao público: 8:00 a 14:00 horas de luns a venres.

Tfno. 981 184200

Custo certificación literal: 6,18 euros (Ordenanza fiscal n.º 1 art. 6.1.13).

Custo Certificación descritiva e gráfica: 6,18 euros (Ordenanza fiscal n.º 1 art. 6.1.13).

Servizos que ofrece o Punto de Información Catastral

  • Información de carácter xeral e particular de inmobles.
  • Asesoramento sobre obrigas co Catastro.
  • Notificación por comparecencia en procedementos catastrais.
  • Servizo de consulta libre e certificación de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.

Tratándose de datos catastrais protexidos, a normativa sobre os Puntos de Información Catastral unicamente permite o acceso a estes servizos a quen figura inscrito no Catastro como titular catastral, o seu representante ou persoa autorizada por el.

Por tanto, a falta de coincidencia entre o NIF de quen figure como titular catastral e o do solicitante, actúe por si ou por representación, determina que non poida ser atendida a solicitude, sendo nestes casos precisa a intervención da Xerencia do Catastro, á que a persoa interesada debe desprazarse ou ben dirixir un escrito describindo a situación particular que impide o acceso aos datos catastrais protexidos e solicitando a corrección dos datos que se consideren erróneos.

Tampouco poderán atenderse no Punto de Información Catastral as solicitudes de quen se ampare nalgún dos supostos de interese lexítimo e directo establecidos no artigo 53 do Texto refundido da lei do catastro inmobiliario

Nos supostos en que se actúe como representante ou autorizado do titular catastral deberase achegar a correspondente documentación acreditativa:

  • Orixinal do documento acreditativo da representación ou da autorización, ou ben copia dos mesmos, previa exhibición dos documentos orixinais.
  • Copia do DNI do autorizante que se acompañará ao escrito de autorización.

Formulario de solicitude de información nos PIC e modelo de autorización do titular catastral

Outros puntos de información catastral na cidade da Coruña

  • Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia
    • R/ Duran Loriga 2 15003 - A Coruña
    • Horario de atención ao público: 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
    • Custo certificación literal: 4 euros
    • Custo certificación descritiva e gráfica: 12 euros.
  • Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Galicia
    • R/ Federico Tapia 11 15005 - A Coruña
    • Horario de atención ao público: 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
    • Custo certificación literal: 4 euros
    • Custo certificación descritiva e gráfica: 17 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión