O Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses organiza unha Mesa Redonda en lembranza do 75 aniversario do falecemento de Santiago Casares Quiroga, no Museo Casares Quiroga (Panadeiras, 12, da Coruña). Mesa redonda presidida polo concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, Gonzalo H. Castro Prado e coa participación dos membros do Instituto Cornide, Ana Romero, Xosé Alfeirán e Emilio Grandío.
Para público en xeral
17/02/2025
Xa rematou
Dende o 11/02/2025 ata o 17/02/2025
Entrada gratuíta.
19.00 horas
60 minutos
Lugar Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15002 A Coruña
Con confirmación de asistencia
80
Gratuíto
Confirmación de asistencia a través do enderezo: institutocornide@coruna.gal
Instituto «José Cornide» de Estudos Coruñeses
institutocornide@coruna.gal
Tfno.: 981 184 200
O 17 de febreiro de 1950 faleceu en París, no exilio, o político republicano coruñés e o Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses quere renderlle unha homenaxe cando se cumpren, exactamente hoxe, 75 anos do seu pasamento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible