5 de febreiro de 2025
Esta publicación, que coordina Xosé A. Fraga, logo da iniciativa da Sección de Ciencias do Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses, recolle as ponencias que tiveron lugar o 13.06.2024 na xornada de divulgación científica do matemático Rodríguez "Medir territorio y la forma del Planeta de la mano del matemático Xosé Rodríguez, científico y ciudadano" organizada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia en colaboración coa UDC e o Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses.
Xosé Rodríguez González foi un científico que salientou no contexto galego e español da súa época. Catedrático de Matemáticas da USC, acadou unha formación extraordinaria en importantes centros europeos en diferentes áreas científicas (Matemáticas, Astronomía, Mineraloxía, etc) e, por suposto, con relevantes científicos españoles (José Mendoza Ríos, José Caix e Mariano Lagasca). As súas viaxes por Europa aos establecementos científicos fixeron del un exporto nos modelos institucionais e nas principais áreas de traballo en diversas materias
Participou en proxectos de enorme relevancia. Así, en 1806 foi nomeado polo Goberno de España, Comisario das operacións para a medición do meridiano (Barcelona a Illas Baleares), un proxecto que formaba parte dunha iniciativa internacional dirixida por científicos franceses relacionados co establecemento do metro como medida universal. Tamén deu os pasos iniciais para a elaboración do primeiro mapa científico do territorio español.
A importante traxectoria de Rodríguez foi recoñecida con nomeamentos como o de director do Observatorio Astronómico e profesor de Astronomía do Museo de Ciencias Naturais de Madrid e o de catedrático de Astronomía da Universidade Central. Ademais, cómpre salientar o perfil político de Rodríguez, a súa actuación como cidadán responsable. Nese sentido, interesouse pola xestión e creación de institucións públicas que fomentaran unha ciencia actualizada.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible